16F ! Sinalemos aos culpables Non é unha crise é unha estafa

16F ! Sinalemos aos culpables Non é unha crise é unha estafa

.A dación en pago e o berro de “stop desafiuzamentos” son un clamor popular.

Foi a PAH, a cidadanía mobilizada, a que puxo enriba da mesa un problema xestado polas entidades financeiras co beneplácito de gobernos de diferentes signos e cores. Foi a cidadanía a que parou desafiuzamento tras desafiuzamento mentres o goberno do PSOE primeiro e actualmente o do PP rescataban a unha banca culpable dun xenocidio financeiro. Mentres, facían oídos xordos e minimizaban un problema que afecta xa a máis de 400.000 fogares. A solución ao “problema dos desafiuzamentos” está na ILP. Case un millón de firmas entregaranse no Congreso mostrando o apoio de centos de miles de persoas á ILP pola dación en pago retroactiva, o aluguer social e unha moratoria dos desafiuzamentos. Unha ILP que se propón desde aqueles que cada día nos enfrontamos ao problema, desde os que cada día loitamos contra os abusos da banca. Non é unha crise: é unha estafa. É unha estafa á que miles de persoas plantaron cara nestes últimos anos ao berro de “Si que se pode!”. Si que se pode, e o día 16 de febreiro saímos á rúa a gritalo

20130202-121246.jpg