Etiqueta: Vivenda social

Vivenda Publica Se .Pero onde ?

Ao redor de 1.000 millóns de persoas residen en barrios marxinais e vivendas inadecuadas, unha cifra que aumenta pola crecente urbanización, o incremento demográfico e polos movementos migratorios Con frecuencia carecen de servizos básicos como os de abastecemento de auga, saneamento, subministración de electricidade e iluminación público. A miúdo, a delincuencia é endémica, e as mulleres e as nenas son as máis expostas a ese risco. O desemprego, o subempleo e o custo do transporte a lugares distantes de traballo agravan as dificultades

As desigualdades no espazo urbano 

Dise que “se hai algun elemento ou factor de entre todos os que compoñen a Situacion Social do Benestar que sintetice e de modo claro indi­que (sirva de indicador socioloxico) sobre cual é o nivel de Bens­tar Social ou de Malestar dunha familia, ese é, sen dúbida, o da vi­venda que habita, ou o das súas condicións de aloxamento”.

A infravivenda ,o chabolismo son os casos mais extremos dun Urbanismo insolidario . Pero que este tambien reflíctese que gran parte das “chamadas casas baratas “sitúanse nos barrios marxinais ou periféricos das cidades con equipamentos basicos peores

A politica de vivenda debería ser un potente instrumento reductor de desigualdades.» Lamentablemente, da politica de vivendas na España actual non se pode dicir tal cousa. Nin PP nin PSOE tiveron o suficente coraxe nin valentía na construcion de VPO, non se combateu o chamado “efecto ghetto” .  A residencia nestes barrios, é estigmatizante. Vivir nestas zonas asóciase a escaseza de ingresos, a desviación moral, e iso ten connotacións en todos os ámbitos da existencia e na vida das persoas .

“Recibes peor atencion da Admistracion e eres mal visto” .Infravivenda, precariedade, delincuencia, economía informal-ilegal, confinamento, estigmatización, desorganización, violencia. Todos estes termos remiten á sensación de degradación .A pesar de todo o devandito, a cidade segue sendo o espazo para as oportunidades e a liberdade da cidadanía  e as súas ideas e potencialidades . É posible facer outra cidade é necesário unhas novas leis da Vivenda. Unha leyPAH onde se impulse o potencial emancipador que a cidade ten .O acceso á cultura ,á mestizaxe,ás novas creacións .Todo é posible con unha optica que poña a vivenda e a cidade ao servizo da persoas 


Parque Social da Vivenda si,pero..


A vivenda debe ser un factor de inclusión social, non de exclusión .Os alugueres sociais que teñen que ofrecer as entidades financeiras deben ser preferentemente a vivenda afectada polo procedemento ou, alternadamente, unha vivenda situada dentro do mesmo termo municipal; é dicir, a entidade financeira ,nin as Administracións local ou Autonómica NON poderán ofrecer unha vivenda sen saída comercial nun barrio degradado.

-Non imos consentir que a BANCA dedique sóbralas para marxinar a familias ou grupos sociais en barrios á aforas ou en municipios lonxe da súa residencia habitual.  É dicir ancorar a vivenda social aos barrios máis degradados o que é unha oportunidade evidente para as entidades financeiras para liberarse do stock inmobiliario con menos saída comercial á conta da segregación urbana.

A aprobación da lei Valenciana é un paso moi importante

#HaiLeiPAHvivienda
A.T

Pola creacion dun parque de vivendas socias en Vigo

O Programa Grupo de Autoaxuda IMÁN CEDRO e a Comunidade Parroquial Cristo da Victoria de Coia convocamos para o vindeiro xoves 23 de maio ás 20h00 nas escalinatas do Museo Marco de Vigo, unha concentración en demanda de:
253306_4875137165442_1850571356_n

POLA CREACIÓN DUN PARQUE DE VIVENDAS SOCIAIS NA CIDADE DE VIGO EN RÉXIMEN DE ALUGUER PARA PERSOAS SEN FOGAR, EMPOBRECIDAS OU EN PERIGO DE EXCLUSIÓN SOCIAL, CON CRITERIOS DE DISCRIMINACIÓN POSITIVA A FAVOR DE COLECTIVOS ESPECIALMENTE EMPOBRECIDOS E ENFERMOS.
No entorno das patoloxías adictivas convertiuse nun problema crónico, para un importante número de persoas, o feito de non poder cubrir as suas necesidades básicas e, de maneira especial, o acceder a viviendas en réximen de aluger adaptadas a uns custos proporcionais coas RISGAS, PNCs, RAI ou mesmo, ingresos cero.
Consideramos que na cidade de Vigo debería ofertarse alomenos 200 vivendas en réximen de aluger para urxencias sociais promocionadas polo Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Vigo.
Para evitar a formación de guetos e as estigmatizacións, estas vivendas deberían repartirse por distintos puntos da cidade