Etiqueta: Súmate

CAMBIA O MURO, CAMBIA O MUNDO

Os Movementos Sociais son, somos, esa pedra no zapato do sistema. Ou máis ben habería que dicir arenilla, dada a cantidade deles que somos.
Xurdimos pola inquietude de persoas que observan as inxustizas e a falta de atención das Administracións cara aos cidadáns, ou polos abusos dos grandes poderes económicos e financeiros, que acrecentan a desigualdade e a pobreza.
En España, un país moi solidario cando fas un programa para recadar fondos, ou nun peditorio popular, pero menos cando se trata de auxilio directo ou loita activa polos dereitos.
Xuntos podemos conseguir moitas cousas que non se conseguen por separado.
A PAH conseguiu grandes cousas grazas á unión de xentes dispares, que se revelan cada día contra os usos e abusos que se converteron en costumes . !E o que queda por facer!
Este vídeo é unha homenaxe a todos os que se unen, co afán de cambiar aquilo que lles vén imposto e, á vez, un empuxún a que entredes a formar parte dos diferentes Movementos Sociais.

Ven con a PAHVIGOTUI_BM


Alberto Albés Pérez

TV-PAH

Anuncios