Etiqueta: Marginacion Social

 Guetos Non .A Cidade Dual 


Hai pouco preguntabámonos: Que facemos coas vivendas baleiras? “Parque Social da Vivenda Si, pero onde?”. 

 A vivenda debe ser un factor de inclusión social, non de exclusión. Diciamos: Os alugueres sociais que teñen que ofrecer as entidades financeiras deben ser “preferentemente a vivenda afectada polo procedemento ou, alternativamente, unha vivenda situada dentro do mesmo termo municipal”; é dicir, nin a entidade financeira, nin as Administracións local ou Autonómica, poderán ofertar unha vivenda sen saída comercial nun barrio degradado. Nin tampouco está no noso ánimo consentir o desterro fora do lugar de arraigamento das familias ou da xente desafiuzada

Nos barrios marxinais son abundantes as vivendas inadecuadas ou de escasa superficie, o abandono de espazos públicos, o illamento dos servizos públicos,  un alto índice de apiñamento, unha forte presenza de núcleos de infravivenda, e mesmo a proximidade a infraestruturas indesexables  (vertedoiros, incineradoras, áreas industriais degradadas, etc.)

Con frecuencia carecen de servizos básicos como os de abastecemento de auga, saneamento, subministración de electricidade e alumeado público. E, a miúdo, padecen unha delincuencia endémica.

   🔹Conflitos e Convivencia

Os conflitos coa veciñanza  son habituais, así como a sensación de inseguridade. É inadmisible que a Xunta siga coa mesma política de apiñamento. A VPO, e moito máis aínda o “Parque Publico da Vivenda”, non debe seguir o modelo dos anos 60, das casas sindicais ou “casas baratas”, que xa demostraron o seu fracaso.  Hai que investir en programas de inserción social; a pobreza, o esquecemento, a segregación e a falta de recursos e investimentos fan crecer sentimentos de que “se o estado non fai nada polo meu, por que ía eu a preocuparme dos demais?”.  Este é un fenómeno que foi amplamente estudado. 

Dise que “se hai algún elemento ou factor, de entre todos os que compoñen a Situación Social do Benestar, que sintetice e de modo claro indique (que sirva de indicador sociolóxico) cal é o nivel de Benestar ou Malestar Social dunha familia, ese é, sen dúbida, o da vivenda que habita, e as súas condicións de aloxamento”. 

A Xunta ten que investir en “programas de intervención social ” e non deixar degradar a convivencia entre veciños. É inadmisible.  

Opoñémonos os “Edificios Gueto”. A vivenda Social ten que estar distribuída por toda a cidade, abandonando as políticas “de casas baratas” que vivimos baixo o franquismo e que tantos problemas sociais crearon nos anos 80, tras a crise e a reconversión industrial do País.

As cidades adoitan estar en constante transformación, tanto no social como no urbanístico. Nos últimos anos vimos aparecer nas nosas rúas novas tribos urbanas que conseguiron “revitalizar” zonas tradicionalmente deprimidas, converténdoas nas novas zonas de moda.
O problema chega cando este proceso chamado  xentrificación,  que nun principio podería parecer beneficioso,  despraza e marxina aos seus habitantes tradicionais, que non poden seguir co novo ritmo económico que empeza a adquirir a zona ante a chegada de veciños  cun maior poder adquisitivo. Segundo sociólogos e arquitectos, este proceso ten catro fases: abandono do barrio, estigmatización, rexeneración e mercantilismo, aínda que tamén pode sumarse unha quinta etapa, a resistencia.

   🔹A cidade dual

A cidade, na orientación dada polo urbanismo funcionalista mercantil, onde o urbano e as persoas son meras mercadorías, é levada á súa máxima expresión, pois aplica a separación de funcións urbanas e, en vez de ser un factor de inclusión e de convivencia ,é favorecedor da segregación espacial, que sitúa e distancia aos grupos segundo os seus “atributos sociais ”, étnicos, ou mesmo pola súa “forma de ser” ou de pensar e, sobre todo, do poder adquisitivo.. Actúa favorecendo ou desfavorecendo, nunha perspectiva que vén considerar aos suxeitos como obxectos que se distribúen polo conglomerado urbano, segundo o seu valor e capacidade mercantilizada. 
Así pois, a distribución no espazo urbano segundo esta nova lei de que “tanto tes tanto vales ” establece localizacións singulares e diferenciadas na cidade, na extensa urbe,   segundo a súa capacidade de acceso aos recursos,e dicir, segundo á súa capacidade adquisitiva. A segregación espacial será   causa, e á vez efecto, desas múltiples fragmentacións que, a modo dun circulo viciado, poñen de relevo a tendencia á consolidación dunha cidade dual.
A “cidade dos lugares” convértese, para determinados barrios, na trastenda da cidade escaparate . Uns son desprazados cara ás periferias sociais e territoriais, quedando así á súa sorte, como refuxios endogámicos de supervivencia ,e atópanse, de forma crecente, inhabilitados para incorporarse á cidade dos “escaparates ” e “das oportunidades”. Isto pon de relevo a perda de atributos do Estado de benestar, no referente á súa capacidade para regular o mercado, para planificar a economía e para garantir as prestacións sociais aos sectores mais vulnerables da sociedade.  

  

🔹Por último temos que Citar o fenómeno das URB PANTASMAS

O próspero negocio do ladrillo entrou en decadencia coa chegada da crise financeira, na que a especulación urbanística tivo un papel central. As vivendas sen terminar ao longo e ancho da rexión son un vivo recordo do desastre 

 

Son as cicatrices  ou feridas abertas  da especulación inmobiliaria que encheu  toda España de pisos, chalés e urbanizacións que en moitos casos a crise pillou a medio facer. E así quedaron. Esqueletos do que ían ser as vivendas de centos de persoas que agora ven destartalada a oficina portátil que albergaba o piso piloto, unha maqueta do soño feito realidade.

A crise deixou decenas de casas a medio facer. Unhas coas paredes xa encaladas, outras nas que só deu tempo a construír a estrutura de formigón, todas sen portas e sen xanelas. Din que naquelas nas que xa estaban instalados os baños, os canos ou a rede eléctrica, algúns aproveitaron para acudir ao saqueo dos materiais útiles.

A quebra das construtoras, promotoras e inmobiliarias trasel estalido da “burbulla” foi a principal causa do abandono de decenas de vivendas en construción

Mentres os anos pasan sen solucións claras nin homoxéneas, este panorama deixa paisaxes desamparadas en pobos e cidades. As estruturas de cemento sobreviven xunto a carteis publicitarios que mostran no que se ía a converter o lugar. Edificios e chalés con patios rodeados de vexetación, piscina, garaxe, e familias sorrindo: Vivendas de dúas e tres habitacións, preto da cidade e dos principais centros comerciais, “entra e infórmache”, lese aínda nos letreiros xunto ao piso piloto. 

Segun O Confindecial hai moitas persoas que se apuntaron a unha cooperativa ou compraron sobre plano e perderon o seu diñeiro que pensan que non o poden recuperar porque non asinaron nin un aval bancario nin contrataron un seguro que garantise as cantidades adiantadas. o Tribunal Supremo, a través de media ducia de sentenzas, foi dando claramente a razón aos compradores.

🔹Cústanos moito dar unha soa solucion xa que en enfinidad de casos estes proxectos que se viron salpicados por irregularidades urbanísticas.En calquera caso calquera solucion pasa por ter enconta alguns destes principios :



          ▪️ 1/ Devolución do diñeiro aos compradores 

          ▪️2/ Estudar a necesidade social destas Promocións construídas en Plena tolemia inmobiliaria Necesítanse estas Vivendas ?. Son sustentables econonomica e ecoloxicamente ? 

          ▪️3/ Seguir o rastro deixado polas Promotoras ,construtoras  e Banca para que reparen e paguen o dano causado (incluído o medioambiental ) Aínda que este Goberno saíu en defensa de Banca e Constructuras. En 2016 entraba en vigor a reforma da Lei de Ordenación da Edificación (LOE), que recolle que «as cantidades entregadas a conta só estarán aseguradas unha vez que se obtivo a licenza de obras para poñer en marcha a promoción».

         ▪️ 4/ E non se debe cosentir que se utilizen esas promocións e Urbanicinaciones para “Crear un Parque Publico da Vivenda” (Os imaxinades esas promocions ,que estan “en medio da nada” en rexions como Murcia o interior da costa meditrerranea, destinadas a  aislar , arrinconar a todo un sector da poboacion  por motivos exclusivamente económicos ?) Aínda que é certo que as dificultades son grandes ,para que se faga realidade un proxecto nesa dirección, a tentación da Banca de desfacerse destes “activos” e limpar sua imaxe  non o é menos grande .  
Non imos consentir que a Política de Vivenda do PP e a BANCA dedique partidas para marxinar a familias ou grupos sociais en barrios as aforas ou en municipios lonxe da súa residencia habitual. É dicir, ancorar a vivenda social aos barrios mais degradados, o que é unha oportunidade evidente para as entidades financeiras para liberarse do stock inmobiliario con menos saída comercial á conta da segregación urbana.


             Vivenda Social Se .Guetos Non 

              A.Telmo