Etiqueta: Concello

Medidas que a Xunta non fai e deberia facer para un programa de Recuperación de Vivendas baleiras 

En ningún lugar de España hai tantas vivendas baleiras por habitante como en Galicia. Segundo o último censo rexistrado polo Instituto Galego de Estatística, 300.000 vivendas dos 1,6 millóns que hai rexistradas en Galicia, están desocupadas, o 18,6 % 

No inicio deste marzo de 2017 o rexistro que recolle en Galicia as solicitudes de vivenda protexida reflectía un total de 12.880 inscricións. Mais O 70% de solicitantes de vivendas protexidas da Xunta desexan vivir de alugueiro E decir estamos diante dunha situación meridianamente clara :A xente quere vivir de Aluger e as medidas por tanto deberían ir nesa dirección 

O propio IGVS cifra en máis de 1.500 as familias en Vigo -con maior ou menor necesidade ou desprotección- que neste momento están demandando en Vigo  o acceso a un piso social. Ademais, e segundo datos do INE, na cidade hai preto de 20.000 vivendas baleiras.

Dias atras soupemos que O banco malo(SAREB)   anunciou vivendas de oferta en Galicia mentres se nega a informar sobre elas ao Parlamento
E a hora de tomar medidas para baixar o prezo da crecente burbulla do ALUGUER: cada dia os alugueres son mais caros (Ver neste mesmo Bloge :” O Aluger no centro da Diana” 

Tamen outros BANCOS fan aportacions de Vivendas pero moi lonxe do que deberian e case sempre Vivendas de excaso valor comercial (ver Parque Publico Da Vivenda si,pero onde ?

Calquera sabe que ou prezo do mercado esta por riba desa cifra dos 350€ que oferta a Xunta para atraer o Mercado do Aluger Social os particulares con Vivendas “baleiras”, é moi frecuente que no sector dos  propietarios potencialmente susceptibles de ser atraídos a que cedan vivendas para unha bolsa de Alquler social ,se constanten varios  feitos O primeiro e como recoñece a propia Xunta  eses propietarios teñen  esas vivendas en moi malas condicións e segundo aínda que en malas condicións verificamos que estan alugadas a xente necesitada e por prezos mesmo por encima dos 350 € ou 400€ e terceiro  frecuentemente asústalles que se se  “sacan á luz” esa vivenda destápense numerosas irregularidades ,desde fiscais a hurbanisticas  Non é realista por todo isto este  Convenio que  propón  poñer en marcha a creación dunha bolsa de vivendas baleiras destinadas aos colectivos en situación de vulnerabilidade, que fixa un aluguer tope de 350-400 euros mensuais para o propietario e un contrato máximo de tres anos e o mais importante lonxe de onde os desafiuzamentos son mais numerosos .

  • Non e creíble ademais a politica de vivienda da Xunta cando con a outra man fai esto nos orzamentos respeto a VPO  :

Contra a Burbulla do Aluger 



 Algunhas ideas ( para atraer pisos Baleiras ) 
            Pola via positiva :

  •    Deixar desgravar en facenda 
  •   Pagar ou prezo de reformas 
  •    Un Seguro que cubra danos etc a cargo dá Xunta 

             Pola via Negativa ( de Penalizar) : En Europa como Alemania ou Francia e algo habitual vexamos alguns exemplos 



1/En Holanda é legal a ocupación de vivendas que estean baleiras máis dun ano, e a vivenda só é devolta ao propietario se este demostra que non volverá estar baleira. Ademais hai cuantiosos subsidios públicos ao aluguer.
2/O goberno danés impón multas para os propietarios que manteñan as súas vivendas pechadas máis de seis semanas

3/ Francia aprobou medidas públicas para favorecer o aluguer e mesmo se reserva a posibilidade de requisar as vivendas que leven máis de 18 meses baleiras.

4/ Lei Británica recolle incentivos fiscais á compra e rehabilitación e mesmo a compra, por parte do goberno, de vivendas a particulares para ofrecelas en aluguer. Alí tamén se multa por ter pisos baleiros.

  5/O exemplo alemán tamén é destacable. Alí os propietarios poden ser obrigados a realizar traballos de rehabilitación. Pola contra enfróntase a multas e mesmo á expropiación. 

Suecia é o caso máis rechamante. Alí os concellos ofertan vivenda en aluguer máis barata co que obrigan ao sector privado a baixar os prezos .Claro si o Concello o Xunta pon no mercado unha oferta de pisos para o Aluger a prezos baixos obligaría os particulares e grandes empresas a baixar o prezos e o mais importante o Goberno do PP ten que reformar a LAU e intervir nos precios do mercado pola via de desgravamentos e vías de axuda e pola via impositiva ,como vemos que fan en Europa .

E imprescindible establecer un marco de regulación dos prezos que corresponda aos ingresos da poboación

 A Xunta non debe consentir que a SAREB oculte a listaxe completa dous activos transvasados é, precisamente, o que o Parlamento reclamou coñecer, e   a  SAREB   negase a enviar . A XUNTA DEBE POÑER UNHA DENUNCIA NOS TRIBUNALES DE XUSTIZA  e se fai falta recorrer ao TJEU

Fume ,moito fume ….recordamos Así, na actualidade o 70% das inscricións no Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida da Xunta son de persoas que agardan por un piso arrendado.



                                    ParquePublicoDaVivenda 

                                    PoloDereitoArraigamento 

                                    Reforma da LAU : Aluger Estable e Asequible 

                        

Próximo :Medidas que podía facer AbelCaballero e non fai 
A.Telmo.

DESCONVOCADA la PROTESTA ante el Concello

Tal  y como informábamos estos días,  hemos DESCONVOCADO la protesta que teníamos planeada para este lunes ante el Concello de Vigo. El gobierno municipal ha dado un cambio radical en su postura y parece que la entrega del local que reclamábamos para poder atender a los afectados y trabajar será inmediata, así como la comunicación de la información sobre viviendas vacías que pedíamos.

No obstante estaremos vigilantes y seremos cautelosos. No dudaremos en volver a endurecer las protestas y convocar nuevas movilizaciones si el Concello no cumple con su palabra de forma inmediata. Gracias a todos los que os habéis interesado. Seguiremos informando.

#SubimosAsApostas: mobilízate con nós ou consinte os abusos na casa.

A PAH continúa coa campaña de mobilización #SubimosAsApostas, que supón endurecer as protestas do colectivo contra bancos e institucións.1013932_510458195674729_1993639467_n

Este martes volvimos protestar no cruce de Colón contra a usura bancaria e pouca vontade negociadora que están amosando algúns bancos da zona. Na protesta activistas, afectados e cidadáns afíns berraron contra a impunidade bancaria. Podes ver o álbum da acción no álbum colgado na NOSA PÁXINA DE FACEBOOK.
Tamén estivemos hoxe mércores fronte aos Xulgados de Vigo, onde acompañaremos ao colectivo para protestar contra as políticas miserables do Goberno central, e o xoves ás 11 iremos ao Concello de Vigo co ODS Coia a reclamar “vivir dignamente”.

O xoves 27 ás 12hs imos presentar no Concello de Salceda de Caselas o local que o goberno municipal cedeu altruistamente á PAH para poder facer o noso traballo. Queremos volver deixar claro que a PAH non recibe subvención pública algunha nin cobra nada aos afectados. As nosas acción son autofinanciadas, moitas veces a cargo dos activistas e do material que vendemos, polo que axudas como a do Concello de Salceda son necesarias. Chama a atención que o Concello de Vigo, o máis poboado do noso ámbito de actuación e onde residen a maioría dos afectados, prometeu un local hai meses, que aínda non o cedeu, polo que o de Salceda de Caselas convírtese no único que temos en toda a nosa área, que é ben grande (Vigo, Redondela, Mos, Tui, Tomiño, Salceda, A Guarda…)
A colaboración co goberno muncipal de Vigo , fructífera no pasado, é inexistente na actualidade, pois pensan que somos unha axencia pública á que derivar os casos e non fai o que se compromete. Ocúltannos ademais o número de vivendas de propiedade municipal que levan anos baleiras e que poderían ser ocupadas polos nosos afectados ou por persoas sen teito. A Bolsa que ten promocionado o Concello de Vigo ten criterios moi duros e restritivos, comparables á chapuza coa que o PP de Rajoy substituiu a nosa ILP.
Por esta razón tamén convocamos unha protesta o luns 1 de xullo na Praza do Rei, día no que hai pleno municipal, pois queremos visualizar o noso malestar e denunciar os incumprimentos do Alcalde de Vigo coa PAH. Unha vez máis, a participación civil é decisiva para o éxito da mobilización, polo que animamos a cidadáns e colectivos amigos a unirse a nós.

Así que lembra estas accións (están todas no noso calendario):

XOVES 27 XUÑO 11hs-> Sumámonos á campaña da ODS Coia obre vivir dignamente.
XOVES 27 XUÑO ás 12hs-> Presentación do local da PAH en Salceda de Caselas.
LUNS 1 XULLO ás 9.15hs-> Protesta ante o Concello de Vigo.