Publicado en Asociacións, Novas, Persoas afectadas

DIA da CONSTITUCIÓN e DEREITO A VIVENDA

Soamente en Vigo tivemos 237 desafiuzamentos nos 10 meses deste ano, a pesar dos meses de folga dos xulgados. Vemos con preocupación o incremento nos desafiuzamentos por falta de pagamento de aluguer, as familias están cada vez máis empobrecidas, con mais a dificultade para chegar a fin mes e en non poucos casos tense que escoller entre comer, pagar a luz, a auga e quentarse ou pagar a vivenda.

Nestas circunstancias està Elisabeth e os seus fillos, sen solución por parte das Administracións e con data para abandonar as súas vivenda o 10 de Decembro.

En Ferrol se desahucia a unha veciña de Caranza por falta de pagamento do aluguer da vivenda Silvia Teixeira que ten dous fillos, un deles menor de idade, e carece de recursos.

Fai uns dias morreu en Madrid Alicia, ela saltou pola xanela cando a Comisión Xudicial chegou ao seu domicilio e non podemos como ciudadania consentir nin un desafiuzamento máis e sobre todo NIN UNHA MORTE MÄS.

Os desafiuzamentos son unha realidade cotiá,amparada na precariedade laboral ,o paro ,a ausencia de recursos , endebedamento crecente e a subida imparable do prezo do Aluguer Asistimos a unha forma de crecemento herdeira da xestión regresiva e autoritaria da crise .Encamíñannos cara a un Estado onde repartición social ,o Estado do Benestar é substituído por un raquítico e eneficaz Estado de Beneficiencia.

Que todo o mundo saiba que hai un ditame firme da Organización de Nacións Unidas onde se di que non se pode botar a ninguén con vulnerabilidade dunha vivenda sen que teña unha solución habitacional, estamos fartas de ver como se vulneran os nosos dereitos constitucionais e os dereitos humanos. E ante a proximidade do Dia da Constitución imos lembrar coas nosas compañeiras de DISTOPIA , RSPVigo e Os Ninguens que se está vulnerando o dereito efectivo a unha Vivenda digna como recoje o art 47 da nosa Constitución.

Por todo isto decidimos convocar unha movilización para visibilizar estas situacións que abocan a estas familias ao desarraigamento debido á politica @de la Xunta teimuda no Programa de Vivenda Baleiras que fracasou estrepitosamente e á pobreza, non queremos perder a máis persoas por culpa da avaricia duns poucos, neste caso o FONDO VOITRE DIVARIAN / CERBERUS quedouse xa con 11 vivendas do edificio onde Elisabeth reside cos seus 3 fillos menores, despois volverán alugar a prezos moi altos ou a vender xa que as compraron a prezo de ganga a BBVA

Farémola para para reclamar as vivendas que estan cedidas ao concello de sr Abel Caballero e recalificadas en maio de violencia de xénero a uso social que levan 6 anos baleiras segundo IGVS e que agora require información ao Concello de Vigo

Para recordar a Vulneración dos DDHH o seguir desafiuzando a familias sen alternativa Habitacional

Polo Dereito a arraigo

Polo Dereito A Vivenda

Nin Xente sen casa Nin casas sen Xente

Anuncios
Publicado en Asociacións, opinion, Persoas afectadas

As orixes da PAHVigoTui_BM

As orixes da PAH (Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Vigo, Mos, Tui, Baixo Miño e Redondela) remóntanse a outubro de 2011,meses antes nacéra en TUI , cando unha crecente inxustiza estaba a producirse, non só en Galicia senón tamén no resto de España, debido ás execucións hipotecarias que estaban a deixar milleiros de familias sen fogar e nunha situación precaria xa que, non só quedaban sen a súa casa, senón que ademais apandaban na maioría dos casos cunha débeda económica imposible de afrontar; ao mesmo tempo, vían impotentes como os Servizos Sociais lles quitaban os seus fillos por non ter un fogar adecuado para mantelos, sendo os meniños as testemuñas do drama familiar.  A PAH nace coa finalidade de loitar contra esta inxustiza social axudando a aquelas familias que, por razóns alleas á súa vontade, se viron  nunha situación complicada que afecta a todos os niveis da súa vida: persoal, familiar, social, económico…

Os métodos de loita da PAH consisten na mediación cos bancos para tentar conseguir que as persoas afectadas non perdan a súa casa e, no caso de poxa, loitar porque lles concedan un alugueiro social; a presión exercida sobre os Concellos para pedirlles que se sitúen respecto da Iniciativa Lexislativa Popular para a dación en pagamento, a paralización dos desafiuzamentos e o alugueiro social, para que aproben mocións declarándose activos contra os desafiuzamentos e creen comisións mixtas para tratar o asunto; e finalmente as protestas perante os bancos para deixar patente, non só aos poderosos senón ao pobo, a importancia de traballar unidos para lograr virar a situación, a unión para tratar de cambiar as leis e facelas favorables ás familias afectadas.

Dende o inicio da crise, en 2007-2008, foron xa 400 mil as familias que sufriron unha execución hipotecaria; moitas delas lograron ficar na súa casa grazas á presión exercida polas diferentes PAH que actúan por todo o estado. Moitas outras tiveron que abandonar o seu fogar co peto baleiro e o corpo arrasado. A PAH somos todos, persoas afectadas e non afectadas que en calquera momento poden perder o seu traballo e pasar a selo. É por iso que reclamamos a unidade do pobo para repeler o ataque ao ben tanxible máis esencial do ser humano, o seu lar, o seu recuncho, o seu refuxio. Porque a PAH é feita polo pobo, desde o pobo e para o pobo. Porque temos loitado, loitamos e non pararemos de loitar ata que cesen os abusos bancarios que, coa connivencia institucional e gubernamental, están literalmente rompendo familias e abocándoas á exclusión social, cando non á morte. Porque todos xuntos vamos ser quen de acabar con este xenocidio financeiro perverso, inxusto e cruel. Que lembren a nosa premisa: ‘Se non nos deixan soñar, non os deixaremos durmir’.

Palabra da PAH

Introducción do libro da PAHVigoTui-BM 6 anos de Loita (Proxima aparición )

Publicado en Asociacións, Novas, opinion, Persoas afectadas

En Galicia con a LeyViviendaPAH e nosa Lei

O drama dos desafiuzamentos segue moi presente en España. A pesar da gradual redución das cifras globais desde o pico que se alcanzou en 2015, é unha realidade que se revolve descarnada nos barrios e periferias, onde as cifras dispáranse En 2016, o último ano completo contabilizado, rexistráronse máis de 60.000. Aumentan os desafiuzamentos: 189 cada día en España no primeiro trimestre do ano

A periferia madrileña, en concreto, foi branco de grandes privatizacións de vivenda pública protexida que, desde 2013, enriqueceron aos denominados “fondos voitre” e levado a unha situación de colapso a miles de familias que denuncian o abandono das institucións. Esta é unha mostra de persoas que loitan por unha vivenda digna,non podemos obviar que o contínuo incremento dos prezos dos alugueres incide de maneira directa e indirecta na extensión e persistencia do sinhogarismo en todas as súas formas

As subidas de prezos dos alugueres facilitadas por unha lexislación que desprotexe absolutamente ao inquilino xeran varios tipos de expulsións. En España é imposible ter un proxecto de vida estable como inquilino ou propietario pola desprotección xurídica e sobre todo pola crecente precariedade e aumento do prezo da Vivenda

Vivimos tempos difíciles, só necesitas poñerche as noticias para darche conta ,se que xa non eres vítima desta situación ; con todo, hai algo que move o mundo, e non é a economía, senón a implicación entre persoas para darse agarimo, apoio, axuda. É fácil, na PAH poñémolo en práctica cada día, con cada familia que ten un problema por conservar ou manter a súa vivenda. Este pequeno xesto é poderoso, xa que recupera a esencia do que somos, e isto é comunidade.

Durante moitos anos as familias estivemos coidándonos e loitando polos casos que viñan, pero chegou o momento de que TODAS loitemos polos casos de todas, polo noso futuro, polo dos nosos fillos/ as. A Lei que rexistramos no Congreso é de todas; nela van os nosos saberes para que todas esteamos protexidas polo dereito á vivenda. As nosas voces son pequenas, pero unidas son infinitas; todo, grazas á colaboración, que replica, resoa e amplifica o “Si Se Pode” vivir baixo un teito digno.

Fai falta moita valentía nos Concellos para parar os desafiuzamentos

  • Voces unidas, voces valentes dan o seu apoio e fan súa a Lei dicindo # EstaEsMiLey.
  • É a hora de implicarnos e ser parte deste incrible paso na historia da loita social polos dereitos humanos, pois hai vidas en xogo.
  • Non imos quedarnos sentadas mentres vemos que se produce un desafiuzamento cada 8 minutos. Non imos quedarnos sentadas mentres vemos como nos afogan coas subidas no prezo do aluguer
  • Non Imos quedarnos sentadas mentres hai 3’5 millóns de vivenda baleira e non se ampla o parque público de vivenda
  • Non imos quedarnos sentadas mentres seguen producíndose mortes por pobreza enerxética e non podemos pagar as facturas abusivas por unhas subministracións básicas
  • Non imos quedarnos sentadas vendo todo isto mentres os findos de investimento especulan coas nosas vidas e expúlsannos dos nosos fogares

Dóeche a cabeza pensando en que pasará cando termine o teu contrato de alugueiro?As débedas non che deixan durmir e están afectando relación coa túa familia? Has ter algún ataque de ansiedade porque estás en risco de desafiuzamento? Cando compras comida, decides en función do prezo ou das vitaminas?

Tanto física como mentalmente, necesitamos un Descanso Real Xa.

Non o que se compra con créditos e débedas, senón o que se garante con dereitos para todas coa Lei de Vivenda PAH e as súas 5 demandas de mínimos:

1- Dación en Pago Retroactiva

2- Alugueiro Accesíbel

3- Stop Desafiuzamentos

4- Vivenda Social

5- Subministros Básicos Garantidos

Únete na defensa do Dereito á Vivenda difundindo a Lei de Vivenda PAH!

A Lei Vivenda PAH quere garantir o Descanso Real Xa para todas as persoas que sofren a emerxencia residencial: familias endebedadas para sempre, persoas en alugueiro inestábel ou ocupacións en precario e afectadas por cortes de subministros.

 

O 3 DE MARZO LEVANTÁMONOS

A PAH e moitos MMSS estamos convencidos que xuntas SiSePuede

Publicado en Asociacións, Novas, opinion, Persoas afectadas

ASI SON ELES

Decir que la legislación española es estupenda cuando hay personas que se están quitando la vida por una ley injusta es absolutamente criminal.””Les aseguro que no le he tirado un zapato porque quería explicar mi punto de vista. Es un criminal y deberían tratarle así, no es un experto”.”Los representantes de los bancos han causado el problema”.”Hay muchas formas de violencia y de desprecio, y a la gente con la que yo estoy cada día nos ha ofendido profundamente” ADA COLAU

O número de persoas sen fogar en España achégase a 23.000, segundo o INE O 45% foi por mor da perda de emprego e o 12% por desafiuzamento En España por cada 100.000 habitantes hai 71,3 persoas sen fogar En el Estado español, sólo el 1% de la vivienda pertenece al sector público, mientras que en Europa la media es del 24%.Asi son , asi é a cara dun desafiuzamento

LaPAH conseguiu unha lexitimidade sen parangón. Existen máis de 200 nodos distribuídos ao ancho do territorio As demandas da PAH calaron no imaxinario colectivo dunha gran parte da cidadanía O PP e C´ s quedáronse sós pero non débiles e con todo, as nosas propostas, Materializámolas en varias propostas de Lei Despois da ILP Madrid que conseguiu un amplo apoio pero non pasou as pesadas portas da Asemblea Madrileña Agora necesitamos que a a # LeyViviendaPAH consiga un respaldo social e un coñecemento mediático que lembre á nosa primeira ILP

A ninguén se lle escapa que estamos nun ciclo de protesta social moi baixa Necesitamos de Todas , busquemos ás que faltan ninguén sobra

Empuxemos todas

Publicado en Asociacións, Novas, opinion, Persoas afectadas

Contra a LAU : Contra a dictadura do Casero

Video Sindicato de Inquilinos Madrid

Máis de 6 millóns de cidadáns viven baixo a ditadura do Lobby dos caseiro.

As inmobiliarias saben que non existe un parque de vivendas á marxe dos vaivéns do mercado libre que controlan. O parque de vivenda pública de aluguer non supera o 1%, así pois os 2’5 millóns de fogares que viven en vivendas alugadas sofren a ditadura da Lei de Arrendamentos Urbanos- LAU.

Non se axuda ás familias ,axúdase aos propietarios A medida que se quere introducir no “Plan Vivenda do PP” de subvencionar os alugueres ata 600 euros –ou ata 900, se son novos- son en realidade axudas ao propietario para asegurarlle o cobro do recibo ,as familias non ven ese diñeiro ,para evitar que o poidan “malgastar” en comida

Por outra banda hai case outro millón de fogares en situacións irregulares como subarrendamientos legais ou ilegais, infravivendas e ocupacións

ALUGER DIGNO

ASEQUIBLE e ESTABLE

Publicado en Asociacións, Novas, opinion

Luces de Nadal .Sombras de Miseria

Artigo de ODS

Na escuridade non somos quen de ver, ou cando menos de facelo con claridade. Ocorre o mesmo cando hai exceso de luz. Dous fenómenos opostos que producen o mesmo: incapacidade ou dificultade para ver.

Damos a voz de alarma, xa que o 25 de novembro seremos cegadas polo goberno de Caballero. Ese sábado o alcalde prenderá o alumeado de nadal. Hai dous anos denunciabamos, da man de Galiza Contrainfo, os 400.000 € de gasto en alumeado coa campaña #LuzEeCalorParaTodas. Moitos cartos, igual que os que se dilapidaron en chantar un barco na rotonda de Coia, en instalar unha pantalla en Rosalía de Castro, na reforma de Balaídos ou no Auditorio Mar de Vigo. O goberno lonxe de recuar nas súas políticas “antipersoas” teima en facer de Vigo un parque temático ao gusto da industria turística. Nestas festas a factura que pagaremos vai ascender, polo momento, a case 800.000 € (636.000 en alumeado e 135.000 en decoración de nadal).

O goberno afonda na “cidade de postal” que abre os brazos ao turismo e ao capital. Na súa cidade sobramos aquelas que habitamos a cidade. As que ficamos fóra da tolemia consumista somos expulsadas, esquecidas ou reprimidas.

Dinnos que Vigo está en competencia coas grandes cidades do capital: Nova Iorque, Londres, Tokio, Barcelona… “Cidades globais” nas que moitos movementos veñen denunciando os problemas de acceso á vivenda que sofre a veciñanza. En Vigo estase a falar dunha nova burbulla no sector, cun incremento no prezo das vivendas. Só na nosa contorna dúas compañeiras están pendentes de despexo. A elas agardamos non ter que engadir a unha familia, perceptora de RISGA, que finaliza o contrato de alugueiro sen máis horizonte que as rúas da cidade, posto que o mercado só oferta vivendas impagables cos seus ingresos.

Mentres cunha man prenden as luces, coa outra pechan servizos como a Oficina de Inmigración ou a Casa da Xuventude. Por non falar da insuficiencia de persoal nos servizos sociais que conleva atrasos en axudas tan perentorias para moitas persoas como a RISGA.

Cansa padecer un goberno que destina tantos recursos en agochar a miserenta realidade na que malviven moitas veciñas. Alporiza celebración da irresponsabilidade que supón o consumo enerxético irresponsable de millieros de LEDs.

Malia esta fartura seguiremos a argallar resistencias, a crear lazos coas que poder pular por unhas vidas que merezan a ledicia de seren vividas para todas.

Novembro 2017

ODS-Coia e GAS

Publicado en Asociacións, Novas, Persoas afectadas

PP y C´s NON QUEREN ,DESEXAN SEGUIR COS DESAFIUZAMENTOS

placeholder://

PP e Cidadáns enterraron este mércores a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para crear unha “lei urxente do dereito á vivenda na Comunidad de Madrid”. O texto, rexistrado tras solicitar máis de 77.000 firmas da sociedade civil, tiña que pasar pola cámara para a súa toma en consideración, o paso necesario para comezar a tramitarse como lei. Pero a postura de ambos os grupos impediuno cun resultado final de 57 votos a favor, correspondentes de PSOE e Podemos, e 65 en contra.placeholder://

A actual dificultade no acceso á vivenda e a variedade e intensidade das formas da súa perda caracterizan a emerxencia habitacional que se vive na Comunidad de Madrid:

Desafiuzamentos hipotecarios, maioritariamente viciados por cláusulas abusivas, aínda que cada vez máis por alugueres ou persoas en precario.

Extinción de contratos de aluguer en vivenda social. Mesmo pola venda de vivendas públicas a fondos de investimento.

Desafiuzamentos administrativos e derribas da única vivenda sen unha solución habitacional alternativa.

E 200.000 demandantes de vivenda na Comunidad de Madrid, de mozas Ou Os 20.000 demandantes de VPO de Galicia que non poden independizarse e formar os fogares do futuro, con familias hacinadas? por mor dun prezo da vivenda non alcanzable para a clase traballadora.

Fronte a iso, miles de pisos baleiros adxudicados a distintas sociedades bancarias e á Sociedade de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB).

Ante a inacción dos poderes públicos durante todos estes anos e o dano social e económico causado a miles de cidadáns, a mobilización cidadá é a única que conseguiu expresar, de forma pacífica e democrática, esta situación. Tamén é a que agora propón esta Iniciativa Lexislativa Popular. A finalidade é facer efectivo e justiciable o dereito integral á vivenda.

A realidade é que habendo miles de casas baleiras, moitas seguen así despois dun desafiuzamento e tanto o Concello como a Xunta móstranse impasibles ante estas situacións.

@15MpaRato

Acusación ciudadana que impulsó y llevó a cabo el Caso Bankia en la Audiencia Nacional destapando la estafa de salida a bolsa, de las #Preferentes y #TarjetasBlack

Cousa de Raíces

Campaña en defensa do bosque autóctono

Associació 500x20

Lloguer 100% Públic i Assequible

Prou Especulació!

Luchamos contra la Precariedad en la Vida y en la Vivienda desde el 2006

[:ca]En defensa d'un lloguer just[:es]En defensa de un alquiler justo[:]

[:ca]Contra l'abús immobiliari, pel dret a l'habitatge i a viure a la ciutat[:es]Contra el abuso inmobiliario, por el derecho a la vivienda y a vivir en la ciudad[:]

plataforma en defensa da sanidade pública galega

sossanidadepublicagalega@gmail.com

Mario Palomar - abogado

Temas de derecho privado

PersonalBerth

Historias de Bobolandia, país euroafricano.

Público

Non mais Desafiuzamentos

Despuesdelasmusas's Blog

Just another WordPress.com weblog

PAHVIGOTUI

Non mais Desafiuzamentos

Debate21

Análisis político y social de la actualidad

Pensamiento Crítico

Non mais Desafiuzamentos

Artículo47

A47 nace con la idea de hacer visible la actual precariedad en materia de vivienda que se está sufriendo en la isla de Fuerteventura

Y entre tanto... (Redux)

Entre tanto caos, un sitio tranquilo.

PAH HORTA SUD

Plataforma de afectad@s por la Hipoteca

Apoyo Mutuo Ciudad lineal

El Grupo de Apoyo Mutuo de Ciudad Lineal es un grupo de vecinos y vecinas de Ciudad Lineal, que, siguiendo el ejemplo de otras redes de ayuda y solidaridad, hemos comenzado a colaborar para crear una red de apoyo barrial.

A %d blogueros les gusta esto: