Publicado en opinion

A inseguridade residencial

A inseguridade residencial

A inseguridade residencial penetrou en capas sociais menos desfavorecidas,as cales tamén teñen o aluguer como vía frecuente de acceso á vivenda.

Máis da metade dos fogares encabezados por menores de 45 anos teme perder a súa vivenda a curto prazo. No contexto europeo os mozos españois temen perder a súa vivenda por non poder pagala máis a miúdo (54% fronte a 33%) e esta diferenza tamén se incrementou nos últimos anos a medida que crecía o aluguer. Esta percepción está xustificada. O 42% dos fogares formados por mozos xa viven en aluguer de mercado, a opción máis insegura de todas para un colectivo aburado pola precariedad laboral, deixando atrás a etapa de acceso maioritario á propiedade.

O auxe do precio do alugueiro facilitou o incremento da inseguridade residencial, dadas as condicións obxectivas dos contratos, a súa duración e a falta de control da variación de prezos en ámbitos de forte demanda

As rendas mínimas non chegan

Diminúe por terceiro ano consecutivo o número de fogares en risco de pobreza que reciben a renda mínima de inserción, a última rede de protección para quen esgotaron o resto de recursos. En 2018 beneficiáronse 100.000 persoas menos que en 2017, é dicir, case 20.000 fogares menos, pese a que a taxa de risco de pobreza mantívose prácticamente estable neste periodo ?só caeu seis décimas, do 19,7% ao 19,1%?, segundo o informe que publicou onte martes o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

Precariedad e vivenda

A pobreza crónica instalouse na vida do 20% Si como vimos a percepción de inseguridade residencial aumenta debido ao aumento do prezo do Aluguer ,a ausencia de regulación e de estabilidade nos contractos que impiden ter un proxecto vital a longo prazo a isto súmase que é moi difícil acceder á Rendas de Inserción .As trabas burocráticas e a falta de acceso á información constitúen un labirinto da desigualdade

A metade dos empregados públicos menores de 40 anos son temporais

Xa fai tempo que traballar e ter estabilidade laboral deixaron de ser sinónimo.

A %d blogueros les gusta esto: