Somos un grupo de persoas de Vigo e Concellos con Porriño ,Mos ,Redondela ,Salceda Tui e queremos impulsar un Sindicato de inquilinas e inquilinos na cidade, pola defensa do dereito á vivenda e un aluguer alcanzable, estable, seguro e digno.
Queremos axuntar ás persoas que vivimos ou queremos vivir de aluguer, tanto en vivendas do mercado privado como público, para reivindicar conxuntamente os nosos dereitos e incidir no ámbito executivo e lexislativo.
Entendemos que a problemática do aluguer non é só consecuencia dunha lei contraria aos dereitos das persoas que arriendan, senón tamén desta nova burbulla inmobiliaria que ataca á nosa cidade, baseada no incremento especulativo e abusivo do prezo dos alugueres. Denunciamos, ademais, que a precarización xeral das condicións de traballo multiplica o risco de exclusión residencial. Iso xera que as persoas que queremos alugar cada vez teñamos máis dificultades para facer fronte á carestía desmesurada da vida, debido a que investimos máis parte da nosa renda en garantir un dereito fundamental.
Entendemos que é vital garantir a función social das vivendas a través da firme protección do uso residencial por encima do uso económico ou especulativo de calquera tipo.
Por todo isto, facemos un chamamento e unha invitación a toda as persoas de Vigo e concellos limítrofes para que se incorporen a este proceso cara á creación dun Sindicato de Inquilinas e Inquilinos:
Porque queremos un aluguer alcanzable e estable Porque queremos defender os nosos dereitos como inquilinas Queremos construir o #SindicatoInquilinas #AluguerEstableAsequible
🗓O dia 3 as 7.30 na Parroquia #AsembleaAberta