Publicado en Novas

CESE ACTIVIDADE da PAHVigoTui_BM

Boas tardes compahs

CESE DE ACTIVIDADE DA PAH

Esta familia Pah está pasando por diversas circunstancias persoais que fan inviable a continuidade das accións que vimos desenvolvendo desde fai anos.

foron longos anos de loita, con grandes logros conseguidos.

Esperamos o voso apoio a esta medida que facemos para non prexudicar todo o traballo desenvolvido ata a data. Grazas polo voso traballo e colaboración de todos estes anos. Próximamente farase un comunicado público nestes mesmos términos.

Confiamos no voso apoio e comprensión a esta medida. Moitas grazas a todas.

@PAHVigoTui_BM

Comunicado de cesamento de actividade da PAH de Vigo, Tui e Baixomiño.

A PAH DE VIGO, TUI E BAIXOMIÑO vese na dolorosa obrigación de anunciar o cesamento temporal das actividades que veu desenvolvendo ata hoxe.

Con dor pero, á vez, coa satisfacción de contribuír ao empoderamiento de moitas persoas que se viron afectadas polos abusos da banca, nun principio, e dos fondos voitres e grandes garfos de vivenda posteriormente. Un grupo heteroxéneo de persoas, mulleres, homes, novos, xubiladas, remando nunha mesma dirección.

A PAH, plataforma implantada en todo o estado español, conseguiu que a Xustiza Europea déselle un toque de atención á xustiza española, por non protexer ao consumidor fronte ás entidades de crédito. E segue traballando nunha lei de vivenda que, dunha vez por todas, consiga que os gobernos respecten o artigo 14 da Constitución, para que todos teñamos dereito a unha vivenda digna.

Nestes máis de sete anos de loita, a nosa plataforma non se limitou á defensa dos hipotecados, ou dos desafiuzados da súa vivenda. Estivo presente en todas aquelas reivindicacións en defensa dos colectivos que necesitaban deixarse oír, deixarse ver. As asembleas, manifestacións, defensa na rúa, mesas informativas, negociacións… conformaron un sistema de loita organizado e con moitas variantes.

A cor verde das nosas camisetas é recoñecido xa por moita xente. É a cor da esperanza. Porque cremos que un mundo máis equitativo é posible. Póñennolo moi difícil, pero temos esperanza.

No peito, a fortaleza. STOP DESAFIUZAMENTOS. Non podemos permitir que ninguén nos bote das nosas vivendas, polas que tanto traballamos. Porque non son só vivendas, son os nosos fogares. Para eles soamente significan lucro e especulación.

De ben nado é ser agradecido. Por iso queremos dar a grazas a movementos sociais, sindicatos, partidos e, en xeral, a todas as persoas que, de modo altruísta, traballaron de xeito conxunto connosco perseguindo uns obxectivos comúns. E tamén a aqueles medios de comunicación que nos seguiron e deron eco ás nosas accións.

Nestes anos quedaron no camiño varias compañeiras e compañeiros, que sempre teremos no noso recordo. Porque somos, ante todo, unha familia.

Son razóns de forza maior as que nos obrigaron a tomar esta decisión. Unha decisión na que cabeza e corazón tiveron o seu peso. Pero imos sabendo que outras persoas, outros colectivos, outros movementos sociais continúan loitando polos nosos dereitos.

Grazas a todas. SI SE PODE. PAH VIGO TUI BAIXO MIÑO.

Anuncios
A %d blogueros les gusta esto: