Publicado en Novas

XORNADA :O DEREITO A VIVENDA NA ENCRUCILLADA

Aínda que a pérdida de vivenda derivada de execucións hipotecarias conseguiu unha gran visibilidade polos alarmantes datos de anos anteriores (sobre todo 2012), cada vez é mais frecuente que servizos sociais, entidades sociais e plataformas de afectados enfróntense a casos de pérdida de vivenda derivada do aluguer. Mesmo se atoparon casos de persoas “ pluridesahuciadas” que, tras pasar por un proceso de execución hipotecaria, enfróntanse de novo a situacións de desafiuzamento por falta de pagamento do aluguer na súa nova vivenda .O desafiuzamento do desafiuzado

O Acceso á Vivenda

Segú n o CGPJ o número de execucións hipotecarias e número de lanzamentos más da metade deses lanzamentos estaban relacionados con contratos de arrendamento. Pero hoxe o que está en xogo ademais de que os desafiuzamentos seguen a ser un gravísimo problema é a dificultade para acceder á Vivenda o que a noso xuizo está no centro do problema : Vivimos no paradoxo de que e o dereito á vivenda vólvese inconstitucional .A gran recesión deixou tras de sé non soamente un corolario de víctimas, a mayoría das cales no período poscrisis continúan en situación similar ou peor, senón tamen a explosión de novas adxectivacións en relación á pobreza. Unha paisaxe devastado onde se suman primeiro as “novas pobrezas” como relacionados con necesidades pouco cubertas, como a energía, a alimentació n, ou a diferenças por cuestion de xero o gé nero, ou as quue inciden no acceso a ben sobre pilareiras do noso sistema de protección social, educación, sanidade. De ahí emanan conceptos como pobreza alimentaria, pobreza enerxetica , pobreza infantil, feminización da pobreza etc e segundo o crecente aumento do un sector social que tendo traballo esta a o bordo ou en exclusión social A taxa de pobreza de cidadáns españois con emprego non deixa de crecer.

A PAH TEN NOME DE MULLER

A PAH é sen dúbida a loita das mulleres ,son elas que por exemplo no ámbito familiar dan o primeiro paso e as primeiras que seguen o proceso de empoderarse .Chamamos empoderamento a :

A toma de conciencia e o aumento da confianza en si mesmas (“poder propio”). A organización autónoma para decidir sobre as nosas vidas e a mobilización colectiva o “o poder para “

As XORNADA “Ou dereito a Vivenda na Encrullida” o 1 de Decembro organizada pola Universidade de Vigo :Facultades de Ciencias Xuridicas e do traballo ofrece un interesantísimo programa e con relatores de enorme calidade Hónranos que sexamos convidadas para debater sobre o dereito a vivenda Alli estaremos

Esperámosvos.

Carlota P Conde Voceira da PAHVigoTui_BM

Anuncios
Publicado en Asociacións, Novas, opinion

Luces de Nadal .Sombras de Miseria

Artigo de ODS

Na escuridade non somos quen de ver, ou cando menos de facelo con claridade. Ocorre o mesmo cando hai exceso de luz. Dous fenómenos opostos que producen o mesmo: incapacidade ou dificultade para ver.

Damos a voz de alarma, xa que o 25 de novembro seremos cegadas polo goberno de Caballero. Ese sábado o alcalde prenderá o alumeado de nadal. Hai dous anos denunciabamos, da man de Galiza Contrainfo, os 400.000 € de gasto en alumeado coa campaña #LuzEeCalorParaTodas. Moitos cartos, igual que os que se dilapidaron en chantar un barco na rotonda de Coia, en instalar unha pantalla en Rosalía de Castro, na reforma de Balaídos ou no Auditorio Mar de Vigo. O goberno lonxe de recuar nas súas políticas “antipersoas” teima en facer de Vigo un parque temático ao gusto da industria turística. Nestas festas a factura que pagaremos vai ascender, polo momento, a case 800.000 € (636.000 en alumeado e 135.000 en decoración de nadal).

O goberno afonda na “cidade de postal” que abre os brazos ao turismo e ao capital. Na súa cidade sobramos aquelas que habitamos a cidade. As que ficamos fóra da tolemia consumista somos expulsadas, esquecidas ou reprimidas.

Dinnos que Vigo está en competencia coas grandes cidades do capital: Nova Iorque, Londres, Tokio, Barcelona… “Cidades globais” nas que moitos movementos veñen denunciando os problemas de acceso á vivenda que sofre a veciñanza. En Vigo estase a falar dunha nova burbulla no sector, cun incremento no prezo das vivendas. Só na nosa contorna dúas compañeiras están pendentes de despexo. A elas agardamos non ter que engadir a unha familia, perceptora de RISGA, que finaliza o contrato de alugueiro sen máis horizonte que as rúas da cidade, posto que o mercado só oferta vivendas impagables cos seus ingresos.

Mentres cunha man prenden as luces, coa outra pechan servizos como a Oficina de Inmigración ou a Casa da Xuventude. Por non falar da insuficiencia de persoal nos servizos sociais que conleva atrasos en axudas tan perentorias para moitas persoas como a RISGA.

Cansa padecer un goberno que destina tantos recursos en agochar a miserenta realidade na que malviven moitas veciñas. Alporiza celebración da irresponsabilidade que supón o consumo enerxético irresponsable de millieros de LEDs.

Malia esta fartura seguiremos a argallar resistencias, a crear lazos coas que poder pular por unhas vidas que merezan a ledicia de seren vividas para todas.

Novembro 2017

ODS-Coia e GAS

A %d blogueros les gusta esto: