Mes: junio 2017

 Guetos Non .A Cidade Dual 


Hai pouco preguntabámonos: Que facemos coas vivendas baleiras? “Parque Social da Vivenda Si, pero onde?”. 

 A vivenda debe ser un factor de inclusión social, non de exclusión. Diciamos: Os alugueres sociais que teñen que ofrecer as entidades financeiras deben ser “preferentemente a vivenda afectada polo procedemento ou, alternativamente, unha vivenda situada dentro do mesmo termo municipal”; é dicir, nin a entidade financeira, nin as Administracións local ou Autonómica, poderán ofertar unha vivenda sen saída comercial nun barrio degradado. Nin tampouco está no noso ánimo consentir o desterro fora do lugar de arraigamento das familias ou da xente desafiuzada

Nos barrios marxinais son abundantes as vivendas inadecuadas ou de escasa superficie, o abandono de espazos públicos, o illamento dos servizos públicos,  un alto índice de apiñamento, unha forte presenza de núcleos de infravivenda, e mesmo a proximidade a infraestruturas indesexables  (vertedoiros, incineradoras, áreas industriais degradadas, etc.)

Con frecuencia carecen de servizos básicos como os de abastecemento de auga, saneamento, subministración de electricidade e alumeado público. E, a miúdo, padecen unha delincuencia endémica.

   🔹Conflitos e Convivencia

Os conflitos coa veciñanza  son habituais, así como a sensación de inseguridade. É inadmisible que a Xunta siga coa mesma política de apiñamento. A VPO, e moito máis aínda o “Parque Publico da Vivenda”, non debe seguir o modelo dos anos 60, das casas sindicais ou “casas baratas”, que xa demostraron o seu fracaso.  Hai que investir en programas de inserción social; a pobreza, o esquecemento, a segregación e a falta de recursos e investimentos fan crecer sentimentos de que “se o estado non fai nada polo meu, por que ía eu a preocuparme dos demais?”.  Este é un fenómeno que foi amplamente estudado. 

Dise que “se hai algún elemento ou factor, de entre todos os que compoñen a Situación Social do Benestar, que sintetice e de modo claro indique (que sirva de indicador sociolóxico) cal é o nivel de Benestar ou Malestar Social dunha familia, ese é, sen dúbida, o da vivenda que habita, e as súas condicións de aloxamento”. 

A Xunta ten que investir en “programas de intervención social ” e non deixar degradar a convivencia entre veciños. É inadmisible.  

Opoñémonos os “Edificios Gueto”. A vivenda Social ten que estar distribuída por toda a cidade, abandonando as políticas “de casas baratas” que vivimos baixo o franquismo e que tantos problemas sociais crearon nos anos 80, tras a crise e a reconversión industrial do País.

As cidades adoitan estar en constante transformación, tanto no social como no urbanístico. Nos últimos anos vimos aparecer nas nosas rúas novas tribos urbanas que conseguiron “revitalizar” zonas tradicionalmente deprimidas, converténdoas nas novas zonas de moda.
O problema chega cando este proceso chamado  xentrificación,  que nun principio podería parecer beneficioso,  despraza e marxina aos seus habitantes tradicionais, que non poden seguir co novo ritmo económico que empeza a adquirir a zona ante a chegada de veciños  cun maior poder adquisitivo. Segundo sociólogos e arquitectos, este proceso ten catro fases: abandono do barrio, estigmatización, rexeneración e mercantilismo, aínda que tamén pode sumarse unha quinta etapa, a resistencia.

   🔹A cidade dual

A cidade, na orientación dada polo urbanismo funcionalista mercantil, onde o urbano e as persoas son meras mercadorías, é levada á súa máxima expresión, pois aplica a separación de funcións urbanas e, en vez de ser un factor de inclusión e de convivencia ,é favorecedor da segregación espacial, que sitúa e distancia aos grupos segundo os seus “atributos sociais ”, étnicos, ou mesmo pola súa “forma de ser” ou de pensar e, sobre todo, do poder adquisitivo.. Actúa favorecendo ou desfavorecendo, nunha perspectiva que vén considerar aos suxeitos como obxectos que se distribúen polo conglomerado urbano, segundo o seu valor e capacidade mercantilizada. 
Así pois, a distribución no espazo urbano segundo esta nova lei de que “tanto tes tanto vales ” establece localizacións singulares e diferenciadas na cidade, na extensa urbe,   segundo a súa capacidade de acceso aos recursos,e dicir, segundo á súa capacidade adquisitiva. A segregación espacial será   causa, e á vez efecto, desas múltiples fragmentacións que, a modo dun circulo viciado, poñen de relevo a tendencia á consolidación dunha cidade dual.
A “cidade dos lugares” convértese, para determinados barrios, na trastenda da cidade escaparate . Uns son desprazados cara ás periferias sociais e territoriais, quedando así á súa sorte, como refuxios endogámicos de supervivencia ,e atópanse, de forma crecente, inhabilitados para incorporarse á cidade dos “escaparates ” e “das oportunidades”. Isto pon de relevo a perda de atributos do Estado de benestar, no referente á súa capacidade para regular o mercado, para planificar a economía e para garantir as prestacións sociais aos sectores mais vulnerables da sociedade.  

  

🔹Por último temos que Citar o fenómeno das URB PANTASMAS

O próspero negocio do ladrillo entrou en decadencia coa chegada da crise financeira, na que a especulación urbanística tivo un papel central. As vivendas sen terminar ao longo e ancho da rexión son un vivo recordo do desastre 

 

Son as cicatrices  ou feridas abertas  da especulación inmobiliaria que encheu  toda España de pisos, chalés e urbanizacións que en moitos casos a crise pillou a medio facer. E así quedaron. Esqueletos do que ían ser as vivendas de centos de persoas que agora ven destartalada a oficina portátil que albergaba o piso piloto, unha maqueta do soño feito realidade.

A crise deixou decenas de casas a medio facer. Unhas coas paredes xa encaladas, outras nas que só deu tempo a construír a estrutura de formigón, todas sen portas e sen xanelas. Din que naquelas nas que xa estaban instalados os baños, os canos ou a rede eléctrica, algúns aproveitaron para acudir ao saqueo dos materiais útiles.

A quebra das construtoras, promotoras e inmobiliarias trasel estalido da “burbulla” foi a principal causa do abandono de decenas de vivendas en construción

Mentres os anos pasan sen solucións claras nin homoxéneas, este panorama deixa paisaxes desamparadas en pobos e cidades. As estruturas de cemento sobreviven xunto a carteis publicitarios que mostran no que se ía a converter o lugar. Edificios e chalés con patios rodeados de vexetación, piscina, garaxe, e familias sorrindo: Vivendas de dúas e tres habitacións, preto da cidade e dos principais centros comerciais, “entra e infórmache”, lese aínda nos letreiros xunto ao piso piloto. 

Segun O Confindecial hai moitas persoas que se apuntaron a unha cooperativa ou compraron sobre plano e perderon o seu diñeiro que pensan que non o poden recuperar porque non asinaron nin un aval bancario nin contrataron un seguro que garantise as cantidades adiantadas. o Tribunal Supremo, a través de media ducia de sentenzas, foi dando claramente a razón aos compradores.

🔹Cústanos moito dar unha soa solucion xa que en enfinidad de casos estes proxectos que se viron salpicados por irregularidades urbanísticas.En calquera caso calquera solucion pasa por ter enconta alguns destes principios :



          ▪️ 1/ Devolución do diñeiro aos compradores 

          ▪️2/ Estudar a necesidade social destas Promocións construídas en Plena tolemia inmobiliaria Necesítanse estas Vivendas ?. Son sustentables econonomica e ecoloxicamente ? 

          ▪️3/ Seguir o rastro deixado polas Promotoras ,construtoras  e Banca para que reparen e paguen o dano causado (incluído o medioambiental ) Aínda que este Goberno saíu en defensa de Banca e Constructuras. En 2016 entraba en vigor a reforma da Lei de Ordenación da Edificación (LOE), que recolle que «as cantidades entregadas a conta só estarán aseguradas unha vez que se obtivo a licenza de obras para poñer en marcha a promoción».

         ▪️ 4/ E non se debe cosentir que se utilizen esas promocións e Urbanicinaciones para “Crear un Parque Publico da Vivenda” (Os imaxinades esas promocions ,que estan “en medio da nada” en rexions como Murcia o interior da costa meditrerranea, destinadas a  aislar , arrinconar a todo un sector da poboacion  por motivos exclusivamente económicos ?) Aínda que é certo que as dificultades son grandes ,para que se faga realidade un proxecto nesa dirección, a tentación da Banca de desfacerse destes “activos” e limpar sua imaxe  non o é menos grande .  
Non imos consentir que a Política de Vivenda do PP e a BANCA dedique partidas para marxinar a familias ou grupos sociais en barrios as aforas ou en municipios lonxe da súa residencia habitual. É dicir, ancorar a vivenda social aos barrios mais degradados, o que é unha oportunidade evidente para as entidades financeiras para liberarse do stock inmobiliario con menos saída comercial á conta da segregación urbana.


             Vivenda Social Se .Guetos Non 

              A.Telmo 


                                                                                                                                                                                                                                                           

Anuncios

Medidas que o Concello non fai e deberia facer para un programa de Recuperación de Vivendas baleiras

 

Tenemos  alertanativas el  dia 28 delante  “do Concello” .Abel Caballero tiene que responder

El Ayuntamiento tiene como objetivo prioritario que todos los vecinos y las vecinas de la ciudad puedan disfrutar de su derecho a una vivienda digna, asequible y accesible. Con este fin, de acuerdo con sus competencias y en colaboración con el resto de administraciones públicas:
* a)  Desarrollará un plan de vivienda con criterios de cohesión social, accesibilidad univer- sal y eficiencia ecológica, que tendrá en cuenta la función social de la vivienda.
* b)  Creará un parque de viviendas asequibles destinadas a políticas sociales.
* c)  Impulsará la construcción de viviendas con protección oficial. Ainda que sea con a venda de patrimonio da cidade para comprar vivienda Social
* d)  Impulsará el uso, la conservación, la rehabilitación, la reforma y la renovación del par- que de viviendas, velando por su habitabilidad.
* e)  Potenciará la participación de las cooperativas de vivienda y de las entidades de carác- ter social y asistencial en las políticas de vivienda.
* f)  Velará por la transparencia del mercado inmobiliario y para asegurar la información y protección de los consumidores y usuarios de viviendas.
* g)  Actuará en el ámbito de la mediación del alquiler social. Acuerdos con as entidades bancarias .
* h)  Perseguirá la sobreocupación de viviendas y la infravivienda.
* i)  Combatirá el acoso inmobiliario.

viñeta 4

Registro de Viviendas

En el Registro se harán constar, respecto de cada inmueble, los siguientes datos, actos y resoluciones:
* a)  Emplazamiento, parcela catastral y, en su caso, el nivel de protección del edificio o construcción.
* b)  Fecha de construcción o reestructuración general o total o, en su defecto, año aproximado.
* c)  Resultado de las inspecciones técnicas realizadas. En el caso de ser desfavorable, deberá indicarse a cuál de los apartados del artículo 19.1 de la presente Ordenanza afecta.
* d)  Acreditación de subsanación de deficiencias detectadas requeridas por la Administración.
* e)  Resolución exigiendo el cumplimiento de los deberes de conservación y rehabilitación y fecha de la notificación de la resolución a los propietarios.
* f)  Multas coercitivas.
* g)  Resolución por la que se declara el incumplimiento de los deberes de conservación y rehabilitación y fecha de la notificación de la resolución a los propietarios.
* h)  Medidas adoptadas ante el incumplimiento de los deberes de conservación y rehabilitación.
* i)  Resolución de la declaración de la situación legal de ruina urbanística y ruina física inmine
5. Medidas de fomento a la conservación y a la rehabilitación.
6 No queremos que ninguna persona tenga  que alumarse con velas ,o poner en riego su vida o de vecinos con enganches sin garantía (Contadores Sociales YA ¡)porque no pode pagar a factura #SuministrosGarantizados 
Ni sed, ni frío, nin escuridad!

Gestionar con las empresas que prestan servicios básicos en nuestra ciudad, tales como suministro de AGUA, ELECTRICIDAD, GAS, etc. a no suprimir este suministro mientras dure el riesgo de exclusión social por riesgo de desahucio, instándoles a llegar a acuerdos de condonación y/o aplazamiento de pago. El Ayuntamiento no autorizará en estos casos, el corte o suspensión del suministro de agua por parte de la empresa concesionaria, conforme a la legislación vigente.

 

Medidas contra el uso antisocial de la Vivienda
Definición de USOS ANTISOCIAES:
a)Vivenda baleira durante mas de seis meses;
b)Omision de oferta vinculante de aluguer en casos de desaloxo;
c)Incumprimento dos deberes de conservacion da vivenda;
d)Incumprimento dedeberes de pago e conservacion de leiras derivados da Lei de Propiedade Horizontal;
e)Incumprimento do deber de inscripcion rexistral da titularidade.

Temos alertanativas dia 28 diante do Concello Caballero ten que responder

Homenaje a Carlos Macias 

 El estaba ahí , no era facil hacer lo que se ve en el Video Levantarse en un foro internacional y pararle los pies al PP “el partido de los desahucios” ,como bien dice @CarlosMacias

                                                               

                                                    RESUMEN RAPIDO DE DATOS


                   1.Buenas Practicas-

  • Ejecuciones hipotecarias desde 2007- III Trim 2016: 710.382
  • Resultado real:  33.765 finalizaron con una reestructuración de la deuda pendiente, 7  con una quita y en 6.674 casos se acordó la dación en pago. (informe  seguimiento)

                     
2. Falsa Moratoria desahucios: 

  • Desahucios desde 2008- III Trim 2016: 498.089
  • Resultado real:  24.000 familias (según declaracions De Guindos)

 
                 3.Fondo Social de Viviendas->

  • Desahucios desde 2008: 498.089
  • Resultado real: 6.108 contratos de alquiler

 
       Enlaces de PAH comunicados


http://afectadosporlahipoteca.com/2013/08/07/recurso-inconstitucionalidad-pah-derechos-humanos/
 

http://afectadosporlahipoteca.com/2015/03/04/segunda-oportunidad-no-es-oportunismo-tramposo/
 

                  @Carlosmacias  Un abrazo compañero 

                                                                      A.Telmo (  da PAHVigoTui_BM  ) 

Medidas que o Concello non fai e deberia facer para un programa de Recuperación de Vivendas baleiras



O Concello ten como obxectivo prioritario que todos os veciños e as veciñas da cidade poidan gozar do seu dereito a unha vivenda digna, alcanzable e accesible. Con este fin, de acordo coas súas competencias e en colaboración co resto de administracións públicas: 

* a) Desenvolverá un plan de vivenda con criterios de cohesión social, accesibilidade univer- sal e eficiencia ecolóxica, que terá en conta a función social da vivenda.
* b) Creará un parque de vivendas alcanzables destinadas a políticas sociais.
* c) Impulsará a construción de vivendas con protección oficial. Ainda que sexa coa venda de patrimonio dá cidade para comprar vivenda Social
* d) Impulsará o uso, a conservación, a rehabilitación, a reforma e a renovación do par- que de vivendas, velando pola súa habitabilidade.
* e) Potenciará a participación das cooperativas de vivenda e das entidades de carác- ter social e asistencial nas políticas de vivenda.
* f) Velará pola transparencia do mercado inmobiliario e para asegurar a información e protección dos consumidores e usuarios de vivendas.
* g) Actuará no ámbito da mediación do aluguer social. Acordos coas entidades bancarias .
* h) Perseguirá a sobreocupación de vivendas e a infravivenda.
* i) Combaterá o acoso inmobiliario. 



                  

                               Rexistro de Vivendas 


No Rexistro faranse constar, respecto de cada inmoble, os seguintes datos, actos e resolucións: 
* a) Emprazamento, parcela catastral e, no seu caso, o nivel de protección do edificio ou construción.
* b) Data de construción ou reestruturación xeral ou total ou, na súa falta, ano aproximado.
* c) Resultado das inspeccións técnicas realizadas. No caso de ser desfavorable, deberá indicarse a cal dos apartados do artigo 19.1 da presente Ordenanza afecta.
* d) Acreditación de corrección de deficiencias detectadas requiridas pola Administración.
* e) Resolución esixindo o cumprimento dos deberes de conservación e rehabilitación e data da notificación da resolución aos propietarios.
* f) Multas coercitivas.
* g) Resolución pola que se declara o incumprimento dos deberes de conservación e rehabilitación e data da notificación da resolución aos propietarios.
* h) Medidas adoptadas ante o incumprimento dos deberes de conservación e rehabilitación

* i) Resolución da declaración da situación legal de ruína urbanística e ruína física 
Artigo 5. Medidas de fomento á conservación e á rehabilitación. 
Artículo 6. Non queremos que ningunha persoa teña que alumarse con velas porque non pode pagar a factura #SuministrosGarantizados A Pobreza Enerxética Mata 


                                 Nin sede, nin frío, nin escuridade!



Xestionar con las empresas que prestan servicios básicos en nuestra ciudad, tales como suministro de AGUA, ELECTRICIDAD, GAS, etc. a no suprimir este suministro mientras dure el riesgo de exclusión social por riesgo de desahucio, instándoles a llegar a acuerdos de condonación y/o aplazamiento de pago. El Ayuntamiento no autorizará en estos casos, el corte o suspensión del suministro de agua por parte de la empresa concesionaria, conforme a la legislación vigente.
 Articulo 7 Medidas contra el uso antisocial de la Vivienda 


                                       Definición de USOS ANTISOCIAES: 

a)Vivenda baleira durante mas de seis meses;

b)Omision de oferta vinculante de aluguer en casos de desaloxo;

c)Incumprimento dos deberes de conservacion da vivenda;

d)Incumprimento dedeberes de pago e conservacion de leiras derivados da Lei de Propiedade Horizontal;

e)Incumprimento do deber de inscripcion rexistral da titularidade.
                                                          Temos alternativas dia 28 as 11 diante do Concello 

                                                          Caballero ten que responder 

Dereito o Arraigamento 

Concentracion xoves 23 diante da Xunta en Vigo 

Porque estamos aqui 

 Na cidade con mais desafiuzamentos atopámonos que non hai Vivenda para o Aluguer social e a emerxencia habitacional 

 Os lanzamentos en inmobles arrendados escalan un 5,8% no primeiro trimestre de 2017, segundo as cifras do Consello Xeral do Poder Xudicial.

  O 60% dos casos que chegan agora á PAH son de problemas co aluguer e enmárcano na precariedade no emprego e a subida de prezos.

  “Levamos tempo advertindo de que a burbulla especulativa de alugueres leva a expulsión de xente”, di Carlos Macías, portavoz da PAH.
Segundo : estamos aqui pq a unica solucion que nos dá a Xunta é o Desarraigamento : é dicir Vivenda fose do residencia habitual 
Terceiro estamos aquí porque  o Alcalde  non recibe aos MMSS nin está disposto a ningun tipo de dialogo 

Estamos aqui para contarvos que temos alternativas :Estas son pertinentes e estan avaladas pola experiencia dos países da nosa contorna 

Non inicio deste marzo de 2017 ou rexistro que recolle en Galicia as solicitudes de vivenda protexida reflectía un total de 12.880 inscricións. Mais Ou 70% de solicitantes de vivendas protexidas dá Xunta desexan vivir de alugueiro E dicir estamos diante dunha situación meridianamente clara A alternativa habitacional pasa por promocionar o aluguer estable ,seguro e económico e establecer Vivendas de emerxencia habitacional no lugar de residencia 

diciámolo antes e volvémolo a repetir Non imos consentir que a BANCA dedique as sóbras para marxinar a familias ou grupos sociais en barrios á as aforas , ou en municipios lonxe dá a súa residencia habitual. És dicir apartar a vivenda social nos barrios máis degradados ou en lugares da geografia de escasa saída mercantil ou especulativo  o que e unha oportunidade evidente para que as entidades financeiras ou ao amparo dos Plans  dá Xunta como o coñecido e  Convenio de Vivenda Baleira , para liberarse dun stock inmobiliario con menos saída comercial á consta dunha segregación urbana.

Ou Convenio dá Xunta supón 

  •  1    Desarraigamento 
  •  2     És restritivo e inxusto 
  •  3     Non ofrece seguridade habitacional: (máximo de 36 meses, )

En Vigo a PAH ,asi como outros MMSS hanlle traslado a Abel Caballero unha serie de medidas para paliar este drama  a resposta foi sempre ou silencio e ou desprezo

 Cada dia asistimos ao mesmo “dia dá marmota” : Unha familia abacele aos MMSS Fálase coa Xunta ( co concello é imposible ,salvo un labirinto de Asistentes Sociais ) e esta atopa, se ou caso, unha vivenda fóra de Vigo .Punto e repetir ou conto 

A pregunta que non trae aquí é ata cando ?.Ata cando este trato inxusto e inhumano Vivenda hai ,sabémolo. Miramos de esguello como Concellos progresistas do noso pais van conseguindo a pesar dunha leis que lles atenazan acordos para ir creando parques sociais dá Vivenda 

TV.PAH 

TV_PAH nacio como un proxecto para poder comunicar a traves de imáxenes e un “noticiario” a activade da PAH VigoTui_BM 

Comprobabamos que a mayoria das nosas propostas e comunicados non eran recollidas pola prensa En concreto todas as que presentabamos ao Concello eran silenciadas 
 O enfoque era excesivamente ambicioso 

Agora volvemos a emitir pequenos “noticieros” Habra entrevistas ,relacion da nosa modesta actividade etc 

A periocidade será de momento sen calendario fixo .Aos poucos iranse sumando compañeiras a esta fermosa tarefa 

O noso compañeiro Alberto sera o director de orquestra . TV.PAH porque #SeSePode 

RENTA GARANTIZADA CIUDADANA 

Cada dia vemos como exige una relación directa entre los impagos de alquiler y la capacidad adquisitiva o los ingresos y segundo la RISGA es una limosna que denigra a quien la recibe ya que se trata no de un derecho sino de una beneficencia que tienes que suplicar 

El precio de la vivienda en alquiler se ha incrementado un 8,8% durante el primer trimestre de 2017, dejando el precio por metro cuadrado en 8,9 euros mensuales, según el informe de evolución de los precios del alquiler publicado por idealista.

“Los precios de los alquileres están subiendo con fuerza porque la demanda es muy superior a la oferta
El alto nivel de desempleo y la bajada salarial que se produjo durante la crisis han hecho que el alquiler sea la única opción para miles de ciudadanos, lo cual supone que el volumen de viviendas para arrendar que hay en el mercado sea insuficiente. El Gobierno no solo no reguló el mercado de la Vivienda sino que disminuyó dramaticaticamente los presupuestos para VPO o incluso vendió estas a fondos buitre .La ocupación en precario se ha convertido en una alternativa para muchas familias empujadas por estas politicas desalmadas .

Por ello no se puede separar la lucha por una Vivienda digna del derecho a un Renta Garantizada “las personas o familias que se encuentren en situación de de pobreza tienen derecho a acceder a una renta garantizada de ciudadanía que les asegure los mínimos de una vida digna, de acuerdo con las condiciones que legalmente se establezca 

La Renta Garantizada  Ciudadana  es una prestación económica de carácter periódico que han de percibir las personas que tengan derecho a ella, en las condiciones que debería regular la  Ley. La cuantía de la prestación económica de la Renta Garantizada Ciudadana  debería ser la que, en cada momento, sea necesaria para que ninguna persona y  en su caso, ningún núcleo familiar o de convivencia, estén por debajo del umbral de la pobreza y les garantice el Acceso a la Vivienda y a una vida digna  Y tiene por objeto suplir la falta total o parcial de ingresos económicos. 


VIGO 20 MIL VIVENDAS BALEIRAS ,20 MIL SOLUCIONES 

.                           … La ineficacia de las Ayudas de la Administración 

Mas de la mitad de los desahucios son por impago de Alquiler para evitarlos ,entre otras medidas es imprescindible habilitar ayudas al pago del Alquiler durante todo el año no como en la actualidad que se abren de Enero a Marzo Pero una familia no elige si se queda en paro en Agosto y entonces tiene que esperar al siguiente enero para acceder a esas ayudas . Concello y Xunta han de Garnatizar estas ayudas durante todo el año y por trámite de emergencia