Os Movementos Sociais, a Política Partidaria e a Unidade de Acción.

Conformar listas non sempre vén acompañado de comportamentos dignos…

1º Nos debates sobre a “nova política”, non é raro que aparezan referencias aos “movementos sociais”. Unha cuestión antipática, pero tamén crucial, consiste en pescudar se realmente existen, canta xente forma parte deles e que influencia exercen.

Moitas veces idealízase aos MM.SS. (movementos sociais) como algo que non ten os vicios dos partidos, a final de contas a sociedade civil somos esa “gran cousa” que todos desexan, como quen leva uns zapatos novos

2º Na pasada cita electoral  uns e outras  buscaban  esa “gran cousa con titulación de activista social ” para completar as súas listas.

Procurando aquí, alí e acolá … A varias compañeiras pedíronlle que se postulasen ,non foi meu caso teño que engadir .Veume á memoria unha frase dun politico de moda  “Para nós a unidade popular constrúese fundamentalmente coa sociedade civil e imos apostar por incorporar ás nosas listas a xente e a sectores que no son da( nosa organización ) ..”. A función dos MM.SS. non é ter postos en listas, aínda que non digo que non sexa valioso, creo eu se deberían preocupar mais polo contido, das propostas xa que iso é contar efectivamente cos MM.SS. , levar por exemplo #As5DeLaPAH, xa que de non facelo, non ter presente algo tan xusto e tan elemental é algo que non di moito das conviccións do ofertante.

Repetimos que non somos un espazo de recheo.

Sabemos moi ben que persoas retuitean un simple tuit ou dan un gústame nas redes sociais ou na páxina web da PAH. Non somos de pasar lista, pois decatámonos de que non somos o centro do universo, mais ben somos «pouquiña cousa» e tamén é posible que os tempos non nos deixen estar ao tanto de todo. Pero non consentimos o ninguneo no día a día e despois chegada a cita parézalles moi importante sentar a unha activista da PAH en “a súa mesa” ,na súa lista

Por iso parécenos risible ese empeño en poñer activistas da PAH nas listas das organizacións como guinda ou adorno dunha candidatura que quizais xa estaba mais que configurada .

Tras o 15 M os partidos e tamén os sindicatos saben que perderon o privilexio exclusivo da acción política e decátanse de que é posible que amplos sectores da sociedade civil se organicen politicamente sen eles; son conscientes de que é necesario comunicar eficazmente sen intermediación mediática e igualmente perciben que é necesario crear contidos de importancia transcendental, A PAH Vigo-Tui e a PAH no seu conxunto á que pertenzo é boa proba diso: a súa capacidade de marcar a axenda e demandas é incuestionable…

A cidadanía non respectará a delegación pasiva, pois a política de cúpulas e sen participación activa da propia cidadanía morreu…

.

Non somos adornos.Non somos recheo

Desde o ano 2012 as protestas na rúa descenderon. Moitas veces afírmase que o movemento pendular dos últimos anos depositou todas as esperanzas nas urnas; non podemos deixar de valorar o efecto negativo desa esperanza non totalmente insatisfeita

A PAH (Plataforma de Afectadas/os pola Hipoteca) foi capaz de crebar a versión oficial que nos condenaba á soidade, ao medo e á fatalidade. Unha sociedade deprimida e culpabilizada non se mobiliza, e iso o poder sábeo. Por iso repetíannos todo o día grandes mentiras como que “os galegos [e o conxunto dos habitantes do Estado español] vivimos por riba das nosas posibilidades”, “temos o que merecemos”, “hai políticos corruptos porque neste país xa se sabe que todo o que pode rouba”, ou o clásico “non hai alternativa”. Crear a conciencia da solidariedade e apoio mutuo, de maneira que nunca máis ninguén se senta soa/o, e que xuntos #SiSePode

Nun recente artigo líamos que os MM.SS. “Non temos nin media hostia”. Tal é o desgaste e baixón do conxunto dos MM.SS. e de rebote medrou tamén un sentido patrimonialista de cada organización social, un “narcisismo das pequenas diferenzas”. Unha visión estreita da necesidade da unidade. A necesaria unidade de accion da que falo non pode ser entendida como a perda dos perfís específicos e necesarios de cada organización [nos movementos sociais] e e así como escoitase decir “vos apoiádenos” o que termina por ser nunha especie de envío mutuo e intercambio de embaixadores para que “non digan que non fomos” Tal é a concepción que algúns teñen da acción unitaria…

Necesitamos da unidade de acción naquelas cousas que nos unen, deixando a actividade propia, importante e necesaria no plano que lle corresponde. Porén as convocatorias unitarias son cada día mais necesarias, promovendo o respecto mutuo e os acordos previos que deben ser respectados. É bo incorporar certa xenerosidade. Cada día desprezo máis o dogmatismo que resulta absurdo, do mesmo xeito que o exceso narcisista dos egos desmedidos
A realidade deixou un panorama con luces e sombras. Un escenario de avances relevantes e aspiracións incumpridas. Particularmente, produciuse certa frustración dalgúns sectores sociais perante o relativo fracaso das mellores expectativas de ter un papel determinante nun posible Goberno de Progreso.

Pero esa tendencia subxectiva corre o risco de converterse en pasividade ou, o que é peor, desconcerto e pugna por eludir «aprendizaxes» e «responsabilidades». O grave sería non adecuarse á nova realidade co redeseño da estratexia de cambio. Así, é conveniente profundar nas características da situación actual e as leccións da última experiencia para conseguir o máximo de unidade no diagnóstico e, sobre todo, conformar unha nova orientación e dinámica política. O problema é difícil de resolver e adquirirá unha envergadura pero é necesario volver á mobilización social .Trátase dun debate amplo, sereno, unitario e construtivo para adecuar, xunto co resto do tecido asociativo, movementos veciñais, sociais e xente progresista, o gran proxecto colectivo de cambio que impulse a movilización social .

Fronte á resignación e o fatalismo seguen vixentes a indignación e a aposta transformadora do SI SE PODE. Sen os MM.SS, Sen #Las5DeLaPAH o cambio non será posible.

*Adolfo Telmo Pérez é médico e menbro da PAHVIGOTUI

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s