Comunicado da PAHVigoTui -BM

A morte dun “SenTeito” na nosa cidade vén sumar á xa triste lista de falecidos de persoas sen fogar entido isto como :Sen teito,.Sen vivenda.,Vivenda insegura.ou Vivenda inadecuada

.Nos últimos anos morreron en Vigo 45 persoas 4 en 2014 .E todo isto non medio dunha situación paradoxal ,e inmoral :que o estado español é o país de Europa con máis vivendas baleiras ,que non deixa de crecer como demostra a enquisa recente do Instututo nacional de Estadistica 

Fai uns dias morría un sen teito,en Vigo , un mais dunha longa lista ,Manuel súmase a Susana, Eduardo, José e Eugenio poucos lles botarán de menos, só quedará un vago recordo en quen sobrevivía con eles, ante os seus mesmas circunstancias e os mesmos perigos. Cantos sufrirán irreparablemente o inverno ou a tremenda Calor do Verán ? Cantos padecerán as salvaxes agresións racistas o fascistas ?. Cando o fríoo a calor aperta e a fobia ataca, só falta que axexe a insolidariedade ou patrimonialismo das victimas .A Manuel trasladárono ao Hospital Nicolás Pena, onde se lle practicou a autopsia,faleceu de morte natural ,din 

Máis de 28.500 persoas viven sen teito en España, un país que conta con máis de 3,5 millóns de vivendas baleiras, máis de cen casas baleiras por cada persoa que se atopa sen teito, e cada semana falece nas rúas un home ou unha muller sen fogar. Galicia hai unhas 4.500 persoas que viven na rúa ou en infravivendas, Este colectivo, que se incrementou na comunidade pola crise, viu ademais crecer o número de mulleres ‘sen teito’, que son agora un 15 por cento máis. 

En Vigo calcúlase que sobre 300 persoas estan en situancion de sen teito e miles en “sinhogarismo”.

Nosa resposta ha de ser contundente pois, é sabido, que ninguén pasa calamidades por propia vontade. Un ser sen fogar é un excluído; e esta exclusion é froito de sucesivas rupturas, familiares, laborais e sociais que, paulatinamente, van afastando do mundo do traballo, dos sectores que perciben rendas, condenandole a unha vida de illamento, carente de interrelacións e caracterizada pola total ausencia de perspectivas de futuro. Sobrevive, sen mais, e precisa de axuda externa para saír dese abismo. 

A iso hai que sumar os miles de desafiuzamentos nos ultimos anos e dentro deles desataca unha cifra crecente a debida a falta de pagamentos do aluguer para darnos conta da magnitude do que chamamos urxencia habitacional. 

A PAHVigoTui-BM fai un chamamento á solidariedade a non deixar que isto siga pasando .O que peor pode pasar é que esta situacion forme parte da paisaxe urbana 

A nosa solidariedade entendémola como algo que debe ser causa de todos e non de ninguén en particular 

Denunciamos á autoridades Locais e á Xunta de Galicia O sr Feijoo non pode dicir que os albergues estaban con palzas libres e non exporse o porqué sucede isto .Non hai razon que impida realizar algo tan necesario e xusto como é dar saída social a tanta vivenda valeira ou deshabitada  

.

Como termina o informe da defensora do Pobo: Sabemos que as persoas sen fogar, para saír do seu situacion, necesitan fundamentalmente da suma de moitas vontades, pero tambien sabemos que a “nosa accion, e non as palabras, resulta imprescindible, porque terminar coa pobreza non é unha cuestion de caridade, senón de xustiza ” (Nelson Mandela )

Firmado 
Carlota P Conde Voceira da PAH VigoTUI-BM

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s