[Encontro] das PAH-STOP Galegas en #SantiagoDeCompostela.

Maña sábado día 5 tera lugar o encontro das PAH-STOP Galegas;
Celebrarase como de costume no Bar as Marías en Santiago de Compostela, comezando o mesmo ás 11 da maña.

O motivo diste xunta e manter viva a rede galega, analizar a evolución da política de vivenda e o compromiso das diferentes formacións políticas coas demandas da PAH-stop máxime cando entramos en período electoral.

Facemos un chamamento a cidadanía, ante os próximos comicios electorais, para que non se deixen enganar polos cantos de serea que ofrece o actual goberno da Xunta de Galicia e do Estado; pedímoslle que analicen serenamente e afonden no coñecemento das propostas nestas e noutras materias e en que consiste realmente a suposta mellora económica.

Prometen vivenda social e convenios con entidades financeiras pero a realidade e que calquera que se achegue o I.G.V.S (Instituto Galego de Vivenda e Só) poderá comprobar que a oferta de vivenda social e nula; mesmo en casos de emerxencia, mulleres vítimas de violencia de xénero machista con fillos a cargo ou de familias desafiuzadas por non pagamento de aluguer no teñen apoio institucional.

Xa que o dereito efectivo a unha vivenda digna dista moito de ser real, seguiremos atentos os abusos que se cometen dende entidades financeiras e dende institucións e coordinaremos accións conxuntas de cara a que se faga efectivo este dereito fundamental recollido no artigo 47 da C.E base fundamental para o desenvolvemento integro de calquera persoa.
Tamén pedimos ás institucións e á cidadanía que activen o seusolidariade ante o actual éxodo masivo de seres humanos que foxen de conflitos bélicos nos seus países buscando refuxio en Europa.
Non debemos esquecer que no século pasado nos tivemos que facer o mesmo e fomos acollidos noutros países. Non debemos permanecer pasivos ante tanto sufrimento.

1850

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s