Mes: agosto 2015

[#VIGO] 21.000 vivendas baleiras e seguen os #desafiuzamentos.

Sobre os desafiuzamentos de aluguer, @LA_PAH sempre buscará a alternativa de habitacionalidade e de subministracións básicas para a familia, pois ninguén debe quedar desamparado na rúa.
A realidade é que habendo miles de casas baleiras, moitas seguen así despois dun desafiuzamento e tanto o Concello coma a Xunta se mostran impasibles ante estas situacións.
O aumento dos desafiuzamentos por aluguer, é debido ao agravamento da situación económica actual e ao goteo das axudas autonómicas e locais fóra de prazo.
Afectados pola hipoteca convértense agora en afectados polo aluguer.
A lexislación española deixa na absoluta indefensión ás persoas afectadas, debedoras de boa fe, en beneficio de intereses financeiros e grandes capitais.

Segue sendo incomprensible que plataformas como a PAH Vigo Tui-Baixomiño que dende fai xa bastantes anos liderou a petición da “Creación dun Parque Público da vivenda en Galicia” e a xestión das vivendas baleiras da comunidade e posta en marcha dunha “Axencia Pública Galega de Aluguer” resolva máis situacións de habitacionalidade que a Xunta e o Concello xuntos.

O Concello debería adoptar nunha sesión plenaria a posibilidade de chegar a acordos, coas entidades financeiras e especialmente coa SAREB para asinar un protocolo non que estas entidades poñan vivendas que sabemos están baleiras a disposición dás familias con dificultades para afrontar o pagamento de hipotecas ou de aluguer.
Promover a creación e publicación de “Bases de Datos” de vivendas de VPO e baleiras co fin de crear un “Parque Publico de Vivendas” que faga efectivo o dereito e o acceso a unha vivenda digna e alcanzable para todos porque entre outras cousas no municipio de Vigo hai 21.000 vivendas baleiras e porque seguen a aumentar os desafiuzamentos aínda que se empeñen en dicir o contrario.

A PAH Vigo Tui-Baixomiño dende sempre loitará polo “Dereito á Vivenda”.

“NIN CASAS SEN XENTE,NI XENTE SEN CASA”

Analía Melón DEFINITIVO