A PAH Vigo Tui-Baixominho e a súa loita polo dereito a vivenda

ICR-Photographer© PAH Xuiz Decano 070

A PAH Vigo Tui-Baixominho dende a súa fundación tivo por bandeira a loita polo dereito á vivenda.

Resulta criminal que a banca acumule vivendas baleiras mentres miles de familias son expulsadas das súas casas, por iso a PAH Vigo-Tui-Baixominho leva actuando dende hai catro anos, como a única plataforma capaz de loitar e paralizar desafiuzamentos hipotecarios e de aluguer con mais de trescentos casos resoltos ás súas costas.

Aínda mais agora, no que calquera fai o que sexa por subir ao carro dos desafiuzamentos, onde nunca estiveron nin se lles espera.

Cando falamos dunha vulneración de dereitos fundamentais, todas as administracións teñen competencias para intervir.
Os concellos son a primeira administración á que acode unha persoa que se ve nunha situación de vulneración dun dereito, nunha situación de emerxencia habitacional como a que se vive no estado espanhol, é necesario que os concellos teñan vontade política de encarar o problema de fronte e aplicar solucións.

A PAH Vigo-Tui-Baixominho dende a súa “ILP Galega” propuxo:

– A sanción dos inmobles permanentemente desocupados propiedade de entidades financeiras e outras grandes empresas.
– A aprovación dunha subvención aos afectados por procesos de execución hipotecaria e dación do inmoble en pagamento da débeda hipotecaria de vivendas de residencia única e habitual que resulten obrigados ao pagamento da plusvalía.
– A suspensión preventiva da liquidación das plusvalías aos afectados por procesos de execución hipotecaria e dación do inmoble en pagamento da débeda hipotecaria de vivendas de residencia única e habitual.

Apoiou a nivel estatal que se instase ao o goberno do estado a modificar a lei Hipotecaria co fin de regular a dación en pagamento e adoptar as medidas necesarias para evitar os desafiuzamentos por motivos económicos.

Os concellos e as administracións autonómicas poden facer moito máis do que están a facer ata agora, tal e como demostrou a campaña da Obra Social la PAH coa recuperación de vivendas baleiras en mans dos bancos, que conseguiu arrancarlle alugueres sociais ás entidades en cidades como Vigo.
Esta medida non é unha opción. é unha necesidade, e permite crear un parque público de vivenda que se estenda tamén ás familias desafiuzadas por non poder pagar o aluguer, porque nós non imos contra o arrendador, senón contra a administración e o seu desleixo en dar unha solucion habitacional a familias sen recursos.

Esta experiencia demostra que se se quere, se pode.

PAH Vigo Tui-Baixominho

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s