ACLARACION: A PAH será e seguirá sendo apartidista

A PAH naceu hai seis anos como unha iniciativa da cidadanía para conquistar o Dereito á Vivenda.
E fíxoo ante a pasividade dos partidos gobernantes e as institucións públicas que arrastran graves carencias democraticas en todo o Estado.

En consecuencia, a PAH nace con clara conciencia colectiva, política e apartidista. Dende o noso nacemento fomos, e somos, unha organización asemblearia, cidadá e democrática, que non mantemos vinculación nin apoiamos partido ningún.

Nos tempos electorais que vivimos, algunhas persoas que participan na PAH vinculáronse a distintas candidaturas, o cal, en modo algún podería interpretarse como que a PAH apoia algunha desas candidaturas. Nada máis lonxe da realidade. Dende a súa liberdade individual, cada persoa pode sumarse ao proxecto que considere máis xusto, pero como movemento cidadán, a PAH será e seguirá sendo apartidista.

Especialmente graves son os casos nos que persoas que sen ter ningunha vinculación coa PAH, aparecen en medios de comunicacion ou redes sociais coa nosa camiseta como candidatos de tal ou cual partido. Parécenos lamentable que eses partidos permitan esa utilización dos movementos sociais e cidadáns. É totalmente inadmisible o uso do sufrimento da poboación pola vulneración diaria dos seus dereitos e a súa loita para revertela, con fins electoralistas.

Dende a PAH recoñecemos, e non podería ser doutro xeito, o dereito individual que asiches a cada persoa de intervir nos diferentes campos da política institucional. Non obstante, reclamamos a todas as persoas e grupos politicos o respecto á independencia e o apartidismo da PAH.

Neste sentido, rexeitamos e denunciamos os usos que da PAH ou dos nosos símbolos se veñen facendo, xa que fan un fraco favor á loita diaria de miles de persoas. Seguiremos sendo apartidistas porque o noso obxectivo é a conquista do dereito á vivenda e imos seguir poñendo propostas enriba da mesa de todos os partidos, esixíndoos e sinalizándoos se fai falta mentres sigan sendo os nosos dereitos os que están en xogo.

#SiSePode

@PAHVigoTui

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s