@PAHVigoTui recibe o premio 1º de Maio

20140427-132851.jpg

<st

O recoñecemento do Sindicato CCOO polo labor da PAH e a intención de premiar ao conxunto da organización pola loita na defensa dun dereito tan fundamental como é a vivenda

Nun País sen liberdade, onde falar, reunirse, escribir e ata pensar, eran sinónimo de represión e cárcere, moitas persoas enchidas de esperanza, souberon eliminar barreiras sociais e culturais para traballar xuntas, de maneira desinteresada, a prol da xustiza e da consecución de dereitos fundamentais no eido laboral e social.
Estes dereitos son hoxe en día o pilar da nosa sociedade, consolidado grazas ó compromiso e a solidariedade de mulleres e homes que loitaron de seu a prol da liberdade e da democracia.
No decurso dos anos a Dirección de CCOO de Vigo, acordou por unanimidade dos seus membros, que era necesario recoñecer o labor, o esforzo e o compromiso solidario destas mulleres e homes, así como de colectivos sociais de diferentes ámbitos, que incidiron notablemente en melloras a prol da cidadanía e nomeadamente da clase traballadora.
Así, no ano 1986 naceron os Galardóns Primeiro de Maio: Ó COMPROMISO SOCIAL E Á SOLIDARIEDADE, que se entregan no marco conmemorativo do Primeiro de Maio, Día Internacional dos Traballadores, por ser esta a data máis significativa para o mundo do traballo.
Entréganse no decurso dunha recepción á que asisten ata un máximo de 300 persoas, e na que participan representantes sociais do noso Municipio, da Provincia, de Galicia e do conxunto do Estado en todos os ámbitos sociais: institucións públicas, partidos políticos, empresariado, medios de comunicación, asociacións veciñais, sindicalistas, asociacións culturais, así como persoeiros salientables da cultura: escritores, pintores, arquitectos, deseñadores, editores, ….

O deseño do Galardón corresponde a Juan Vázquez, un escultor da provincia, que cun traballo forxado en bronce, tenta representar o esforzo realizado ata o de agora e o que aínda queda por realizar, así como a unidade, a forza, a loita, , … e a solidariedade que temos que seguir exercendo para consolidar as melloras obtidas, cara un futuro con seguridade, perspectivas e respostas axeitadas ós novos retos que temos por diante os traballadores e traballadoras.
Os Premios Primeiro de Maio Ó COMPROMISO SOCIAL E Á SOLIDARIEDADE, gozán cada ano de maior prestixio, están arraigados no mundo do traballo e están considerados dos máis representantivos da cidade de Vigo e da nosa Provincia, coñecéndose destes Galardóns no conxunto de Galicia e do Estado, xa que os homenaxeados traspasan as nosas fronteiras provinciais, como se pode comprobar na relación de galardonados que se achega a esta memoria explicativa.

secretaría xeral
unión comarcal de CCOO de vigo
as teixugueiras núm. 11 – entresollado – navia 36212 vigo
mail ucvigo@galicia.ccoo.es

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s