Mes: enero 2014

Asemblea de Febreiro da PAH

20140127-035202.jpg

Empobrecemento social

Alcanzáronse máximos históricos de desemprego e de grandes aumentos da desigualdade. Os procesos de empobrecemento e de inseguridade económica dos fogares españois chegaron a un punto de difícil retorno..Los datos sobre a renda por habitante do Instituto Nacional de Estatística – renda nacional dispoñible a prezos de mercado- deixan poucas dúbidas sobre a severidade dos efectos da caída da actividade económica dende o inicio da crise. Os datos máis recentes revelan que as cifras actuais son moi similares ás que existían hai máis de dez anos, o que in- vita a pensar en máis dunha década perdida

Os servizos Sociais da Xunta, a política de Feijoo á fronte da Xunta de Galicia non da lugar a dúbida , está a seguir o mesmo camiño de recortes dos servizos sociais que o Goberno de España.

Na Asemblea da PAH ,trataremos estes temas Porque a emerxencia habitacional esta unida ás necesidades alimentarias, de Saúde, sociais, de electricidade.

A PAH Movemento social

Unha das claves do noso éxito foi persistir, pensar que tiñamos razón, que esa pelexa tiñamos que facela e insistir ata que isto empezou a crecer. A PAH créase cun manifesto moi sinxelo que fala da vulneración do dereito á vivenda e ten uns mínimos que son a gratuidade -ninguén pode cobrar polo que se fai na plataforma-, porque hai demasiado voitre disposto a aproveitarse da desgraza allea e hai chusma que usa a información que se colga nos xulgados para cobrar á xente afectada. Despois, a independencia de calquera partido ou sindicato. E, por último, está o tema asembleario, onde nos organizamos dun xeito descentralizado, por nodos e cun asesoramento colectivo. É dicir, non somos un lugar de asistencialismo, senón de empoderamiento colectivo onde todas nos apoiamos en todas como iguais, algo que é moi importante para diferenciarnos de asociacións de consumidoras, entidades de caridade ou de servizos socias

A mobilización social O motor do cambio

O que non hai que buscar son receitas máxica..E si unha manifestación non serve para derrocar un goberno, entón fracasamos. Pois non.
Os grandes cambios, para que sexan reais e mellores, teñen que ser procesos amplos onde participen o máximo de xente posible. Temos que pensar en procesos onde participemos todos e non deleguemos. Porque delegar, levounos a onde nos levou. Necesitamos urxentemente unha sociedade civil forte e organizada.

Somos máis fortes, a sociedade civil do que nos están a dicir. A proba é a nova lei da mordaza que o PP está a debater. Téñennos medo porque #XuntosPodemos.

Asemblea da PAH :Sábado 18

Todos e todas somos afectadas pola hipoteca Porque todos e referir á maioría social fomos vítima dunha estafa Fai xa varios anos que a PAH de Vigo-Tui vén loitando par cambiar unha lexislación inxusta e paralizando o que supón un violación dos dereitos humanos como é un desalojo e un desahucio
Propuxéronse tres medidas de urxencia, de mínimos: a paralización dos desahucios has ta atopar solucións definitivas, a dación en pago retroactiva e o Aluguer Social

Hoxe pedimos ademas a a creación dun parque público de aluguer social con aquelas…vivendas embargadas en mans dos bancos e, en especial, da SAREB, o chamado banco malo que, con diñeiro de toda a cidadanía, comprou miles de vivendas baleiras aos bancos para malvenderlas a fondos especuladores e a Expropiación de vivendas ás entidades bancarias( Filiales e SAREB ) Para iso impulsaremos en galicia unha nova ILP

Na Asemblea do sábado 18 explicarémolo

20140117-001422.jpg

AXUDEMOS A ANALÍA

20140103-004834.jpg

Vivimos baixo a tiranía dun goberno que nos afunde na servidume, un goberno que impón o medo ,un goberno que empobrece aos máis e enriquece aos menos,o 1% contra o 99% …e agora súmase este pequeno tirano local que é o Sr Cabaleiro que ten diñeiro para pagar a unha Banca que nos afundiu nunha crise gravísima e que nos impón o sufrimento como única saída .

Analia non recibiu resposta do Alcalde de Vigo Analia e as súas dúas fillas iranse á rúa ,quedásense sen unha casa A pesar que a constitución e o Sr Alcalde garantízan unha solución .

Xa abonda .#Analiaquédase #XuntosPodemos.