Comunicado da PAH no caso de Analía

20131230-164306.jpg
Hoxe estamos aquí para denunciar o caso de Analia e as súas dúas fillas menores porque que se ninguén o remedia se quedarán sen vivenda xa mesmo.
Analia quedou soa e sen ingresos cando o seu marido as abandonou no mes de marzo.Desde entón foi subsistindo loitando soa dia a dia ,y tamén coa axuda de persoas que achegaron o que puideron.

As súas dúas fillas son menores de idade e necesitan como, non un teito onde vivir.
Pedimos á administración local que non mire cara a outro lado e non deixe que rematen na rúa

A esta PAH prometéuselle que Vigo era cidade libre de desafiuzamentos e pedimos que cumpran o prometido.

Queremos que Analia e as súas fillas teñan unha vivenda onde poder saír adiante e superar a súa situación.
Queremos saber cantas vivendas do Concello están agora mesmo desocupadas ademais dos 40 pisos de Rosalia de Castro
e Queremos que isto deixe de ser un segredo para a ciudadania, xa que estes pisos son do pobo de Vigo e pagados cos nosos impostos.

Como é posible que deses 40 pisos se vaian vender 20, para un novo proxecto da “Cidade da Xustiza ” e as familias sigan no mais absoluto desamparo?

Non queremos mais desahucios, non queremos ver mais familias na rúa.

Non podemos entender que o Concello de Vigo, o menos endebedado do país, como repite o Alcalde cada vez que ten ocasión,un concello de Vigo, que termina cada exercicio con fondos dabondo e que utiliza para pagar á banca ,mentres diminúe drásticamente o que dedica ás “axudas sociais” , que prometeu presionar para axudar ás familias desta cidade, actúe como senón pasase nada ?.

Xa está ben de tanta hipocresía política. Un desahucio, sexa consecuencia dunha ejecución hipotecaria ou de impagos por arrendamento de vivenda, supón que unha familia, na maioría dos casos sen recursos, quédese literalmente na rúa sen que as diferentes administracións públicas adopten as medidas necesarias e urxentes para evitalo e proceder á súa realojo cun Aluguer Social digno e que supoña un solución habitacional duradera

1.- Estamos ante un caso mais de urxencia social

2.- Como tal urxencia, as administracións publicas,A Xunta e O Concello, teñen que poñer as medidas resolutivas e preventivas adecuadas.

3.- Nestes momentos tanto Xunta como o Concello de Vigo teñen vivendas suficientes, para que se faga valer o dereito constitucional únaa viventa digna.

4.- O Concello de Vigo, ten un parque de vivendas, que o Alcalde de Vigo anunciou o seu venda para facer “caixa”

5.- Tamén por declaracións do alcalde sabemos que se fai caixa para pagar débeda aos Bancos.
!!Xa abonda de engordar aos que provocaron a actual crise e tamen os culpables dos desafiuzamentos salvaxes que se producciendo.!!

6.- A urxencia social está na xente e non no sistema bancario depredador. Polo tanto : Sr. Alcalde os pisos son do pobo e ao pobo deben vover

Queremos que esta concentración de hoxe, que esta denuncia non sexa só un acto ao que todos vimos e do que cando termine ímosnos/ímonos e esquezamos a esta familia que nos necesita.Non é posible que nun país con miles de vivendas baleiras existan problemas de persoas sen fogar ,¡ Nin un desaloxo mais.¡

20131230-164401.jpg

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s