¡Si quérese, pódese!

Mentres a PAH defende o dereito á vivenda das familias, como en Manresa como en Salt, segue habendo actores (a SAREB, os bancos, o Goberno central etc.) que se aferran a un modelo errado, o da burbulla inmobiliaria, que a maioría da poboación rexeita á vista das súas horribles consecuencias sociais (execucions hipotecarias, desafiuzamentos, sufrimento).

O exemplo de Manresa ou a acción de denuncia no salón Meeting Point-Barcelona Meeting Point -poñen de relevo unha vez máis que a PAH está facendo o traballo que non fan as administracións, e que é a presión social e a movilización cidadá a que está dando resposta á vulneración sistemática de dereitos humanos.

O exemplo de Manresa e da OBRA SOCIAL DA PAH mostra como a PAH é quen está obrigando ás entidades bancarias a poñer as súas vivendas a disposición das persoas.

PAH lanza unha mensaxe clara aos inversores internacionais e á SAREB: non imos permitir que se malvenda o patrominio de todos para lucro de poucos, cando o necesitamos para dar resposta á urxencia habitacional. A gravidade da situación non nolo permite. Fronte a unha realidade tan obvia como que hai miles de familias sen vivenda, sen posibilidade de acceder a unha, e millóns de vivendas baleiras, a diatriba é de sentido común.

A PAH continuará defendendo dereitos, recuperando vivendas e devolvéndolles a súa función social. É unha obrigación democrática e urxente. A movilización cidadá consegue o que as administracións, con todos os seus recursos, din que non é posible, pero e falso   é só unha cuestión de vontade política.

Porque o certo é que  o Estado e o Governo do PP  non cumpren coas prerrogativas constitucionais de garantir vivenda ao seu cidadáns e de promover a  existencia dun parque publico  de vivendas fora do  mercado especulativo promovida pola BANCA e o SAREB , (unha situación inadmisible tratándose ademais de vivendas de bancos rescatados con diñeiro público), Por contra a Plataforma de Afectados pola Hipoteca si traballa día a día por garantir este dereito. Porque na PAH sabemos que Si Se Pode.

¡Si quérese, pódese!  As vivendas do banco malo para as persoas.

Aluguer Social na vivenda habitual20131005-131841.jpgAluguer Social na vivenda habitual

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s