NOVAGALICIA un Banco cruel

 

Que non hai un só banco que non estea cometendo violacións de Dereitos Humanos neste país sábeo todo o mundo. Que hai uns que, intelixentemente, acceden a negociar moito máis que outros, tamén. Dende logo, este non é o caso de Novagalicia Banco.

Logo da entidade

NGB é un barco que se afunde a prazos. O banco vaga á deriva, agardando que algún gran grupo fágase con el. Namentres aparece un comprador, os seus xestores gárdanse moito de facer calquera tipo de operación que poida dificultar a súa compra.

Así, a pasividade nas negociacións coa PAH comeza a desesperar á plataforma, que non descarta facer mobilizacións contra a entidade para visibilizar a situación.

E é que a crueldade dos dirixentes de Novagalicia Banco semella non coñecer límites. Ademais dos casos “clásicos” de persoas que non poden seguir pagando a súa hipoteca ao perder o traballo por mor da crise económica causada pola banca, en NGB danse casos especialmente dramáticos.

Dende logo, non podemos dar nomes por respeto á privacidade da persoa afectada, pero, para que os lectores poidan facerse unha idea, NGB está tratando de executar a vivenda dunha muller con discapacidade psíquica. O caso é especialmente extremo posto que a súa débeda ascendía a 4100€, cantidade que foi pagando de boa fe consignando 150€ mensuais no xulgado, posto que non podía permitirse pagar máis.

Os seus pagos ascenderon a 4112,49€. Mentres ía pagando, a entidade non lle facilitou, nin a ela nin ao avogado que a asesoraba, a cantidade que lle quedaba por pagar.

Para colmo, a casa que NGB quere adxudicarse, é unha vivenda do pai da muller, tristemente falecido. Ademais, ela aínda non aceptou a herencia, polo que NGB quere executar a casa antes incluso de que sexa legalmente desta muller discapacitada.

A NGB dalle igual a discapacidade da muller, dalle igual que a débeda inicial xa estea pagada, e dalle igual arrebatarlle a casa do seu pai morto. Néganse a negociar ningunha solución para ela.

Cando os crimes contra a humanidade cometidos polos nazis foron xulgados en Nüremberg, unha das frases máis repetidas polos acusados foi “só cumpría ordes”. Cando se xulguen os crimes contra a humanidade cometidos pola banca, esperemos que o “só cumpría ordes” lles sirva tanto como lles serviu aos nazis.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s