A PAH CONTRA UCI

Sabían que existía unha entidade chamada UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios)?
Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A. (UCI) con domicilio en Madrid (C/da Xesta, no3), é unha financeira pertencente ao Grupo Santander
. Realizaron e seguen realizando prácticas que consideramos raian a USURA e ESTAFA cos seus clientes hipotecados. A nosa indignación cada vez é maior pola reiterada actitude de UCI a negarse a poñer solución real ao rogo desesperado das familias que, debido á crise, caeron en amora e se ven paulatinamente sometidas a un proceso xudicial que remata na poxa da súa casa, ao denigrante desafiuzamento e finalmente, ao pagamento dunha débeda persoal inasumible, facendo evidente que os seus clientes se converteron en escravos financeiros dunha trama organizada que partiu da sobretasación dos pisos polos que se hipotecaron con ilusión, e se converteron nas súas tumbas.

E a que se dedica esta entidade?

1) O Grupo Santander ten o 50% de accións da devandita financeira, ademais de ser socio fundador xunto con BNP Paribas no ano 1996.

2) O Grupo Santander formou parte dende un inicio en todo este proceso, como o demostra entre outras cuestións o feito da obrigatoriedade de abrir unha conta no Banco de Santander ao contratar a hipoteca.

3) É por todos coñecido, tanto no mundo financeiro como entre as inmobiliarias e a opinión pública, que UCI é a “liña de hipotecas lixo” do banco Santander. Nos anos de éxtase inmobiliaria, o Grupo Santander derivaba a esta entidade aqueles préstamos de alto risco, ben pola precariedade dos hipotecantes, ben polo escaso valor do ben hipotecado, aplicando unhas condicións na concesión do préstamo MOI POR ENRIBA DAS DE MERCADO (diferenciais superiores á media, prazos máis prolongados, taxacións claramente infladas, etc.). Tanto é así, que UCI era coñecida nestes ambientes como “A Unión de Créditos Imposibles”, aludindo a que cando un préstamo, refinanciamento ou reunificación de préstamos era inviable para a maioría das entidades, UCI aprobaba a operación.

4) Tras o silencio do Grupo Santander escóndese a necesidade de tapar e ocultar prácticas bancarias que nada teñen que ver co que as súas campañas publicitarias e de captación de clientes queren facer chegar ao gran público.

5) As oficinas físicas que UCI tiña en gran parte do estado desapareceron, remitindo aos seus aínda clientes con problemas a servizos de atención ao cliente que non son operativos e non resolven os problemas de cada un dos afectados. É imposible presentar documentación, falar cun interlocutor válido e con capacidade de decisión e na maioría dos casos, o trato verbal dos empregados cara aos afectados é pésimo e raia no insulto.

Con esta campaña en todo o Estado esiximos interlocutores válidos capaces de tomar decisións como:

. Dacións en pagamento con extinción total de débeda. O afectado unha vez que entrega a vivenda quedará libre de toda a débeda contraída e será UCI/Credifimo quen se fagan cargo de todos os gastos de plusvalías.

. Quitas que verdadeiramente poidan garantir a vida do préstamo en casos de restructuración.

. Condonacións totais da débeda e non só dunha parte desta.

. Nos casos en que se solicite Aluguer Social este ha de ser por un período mínimo de 5 anos, prorrogable a outros 5 anos.

Atentamente,
PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA

20130904-003646.jpg

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s