Contra a Impunidade Financeira, xuízo e castigo aos culpables

Os principais responsables da crise encóntranse nos consellos de administración das entidades financeiras.

Dende o estalido da crise centenares miles de millóns de euros públicos foron destinados ao rescate das entidades financeiras, mentres os seus propietarios tomaron constantes decisións co obxectivo de incrementar a súa capital e enriquecerse aínda máis a custa dos dereitos fundamentais das grandes maiorías sociais. Os poderes públicos cargaron a factura das entidades financeiras ao conxunto da poboación en forma de salvaxes recortes sociais e en privatización de bens colectivos. Estanse a recortar servizos públicos tan básicos que limitan o noso dereito á saúde, á educación e á vivenda, e se asañaron cos sectores máis vulnerables: persoas pensionistas, paradas, precarias, dependentes, novas, mulleres, emigrantes.

Ademais, centenares de miles de vivendas están a ser acumuladas polas entidades financeiras en clamorosa comisión do delito consistente en acaparar un ben de primeira necesidade coa finalidade de alterar artificialmente o prezo das cousas
Catrocentas mil execucións hipotecarias foron realizadas dende que estalou a crise. As hipotecas lixo foron creadas polas entidades financeiras durante a burbulla inmobiliaria. A comercialización de hipotecas mostrouse altamente prexudicial e seguiu unha práctica xeneralizada que non podemos denominar nada máis que como unha estafa sistemática. As entidades financeiras enganaron acerca dos verdadeiros riscos que corrían as persoas ao asinar unha hipoteca. Comercializaron produtos financeiros altamente tóxicos co dramático resultado de centenares de miles de execucións hipotecarias, desafiuzamentos e débedas perpetuas, baseados nunha norma declarada ilegal pola Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 14 de marzo de 2013. A estafa hipotecaria e as execucións hipotecarias masivas teñen graves consecuencias para as persoas que se concretaron nunha violación sistemática dos dereitos humanos.

A sentenza de Tribunal de Xustiza da Unión Europea evidenciou que existen responsables políticos e administrativos da non trasposición á normativa española da Directiva Europea 93-13 en grave prexuízo para os debedores habitacionales co resultado de centenares de miles de execucións e desafiuzamentos ilegais realizadas polos Tribunais a instancia das entidades financeiras. Centos de miles de vítimas de violacións de dereitos humanos esixen depúrense responsabilidades. A actividade do capital financeiro foi criminalmente responsable da situación actual mentres resulta clamorosa a inacción dos poderes públicos – Ministerio do interior, Fiscalía e Xudicatura – ou máis alá, as súas actuacións en defensa directa dos seus intereses. Criminalizar, pola contra, a práctica política de resistencia dos colectivos que se opoñen a esta actividade especulativa.

Despois da recollida de máis dun 1.400.000 firmas, as Cortes consumaron o rexeitamento á Iniciativa Lexislativa Popular que formulaba a moratoria de desafiuzamentos, a dación en pagamento retroactiva e o aluguer social. A pesar de todo, a maioría da sociedade segue apoiando as propostas contidas na ILP. Fixemos unha proposta de mínimos, unha proposta de emerxencia social, e rexeitárona.

Ante este recorte de dereitos e de liberdades facemos unha chamada ao conxunto da sociedade civil a poñerse en marcha contra a estafa hipotecaria e a impunidade financeira. A loita continua. Non imos permanecer parad@s.

Seguimos adiante, Subimos as apostas, polo dereito á vivenda para tod@s, contra a impunidade financeira e contra a estafa hipotecaria.

¡ Si se pode!
Contra a Impunidade Financeira, xuízo e castigo aos culpables

20130829-224817.jpg

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s