Vigo uniuse ás manifestacións internacionais contra o austericidio da Troika.

Ás 12 e cuarto de mañán unha morea de cidadáns tomou a Praza de España para berrar contra as medidas impostas pola troika (Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional e Comisión Europea) que o goberno inútil do PP cumpre ao pé da letra pese a que supoñen un austericidio que leva ao país e aos seus cidadáns á máis absoluta pobreza. España cede soberanía a cambio de miseria e sufrimento cun contrato liberal que nin a dereita nin o centro esquerda institucionais cuestionan.

20130601-154415.jpg

A PAH sumouse ás mobilizacións europeas convocando incluso a de Vigo, que xunto con Zaragoza inauguraba de mañán as protestas europeas. Membros da PAH, da CNT, de Galiza Nova,BNG  e outras organizacións ateigaban a Praza de España, punto de partida. Entre gritos contra o Goberno, as medidas da troika, a favor dos afectados e contra a clase política xorda e incapaz a manifestación chegou á sede de IberCaja, onde o comPAHñeiro Ricardo facía uves de vitoria coas súas mans, pois gañou a súa loita contra esta entidade cunha folga de fame e o apoio total e absoluto da PAH, entre aplausos dos asistentes. Outro xesto simbólico e espontáneo tivo lugar no cruce de Colón (o dos catro bancos), onde membros da PAH colléronse das mans para rodear o cruce e gritar que aí estaban os culpables desta estafa e da súa odisea: a banca criminal.

A manifestación chegou á Porta do Sol case ás 13:30, onde se leu un manifesto que rexeitaba o austericidio liberal e antidemocrático da troika, levado a cabo coa complicidade dun goberno inútil e dunha oposición incapaz e entre gritos que pedían unha folga xeral e máis loita cidadá.

20130601-154403.jpg Por Dani G.Reigosa (Militante da PAH )

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s