MOCIÓN DE APOIO AOS ESTAFADOS POLAS PREFERENTES

participacion_preferente

A Asemblea da Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Vigo, Tui e Baixo Miño quere amosar a súa solidariedade coas tamén vítimas dos bancos e a pasividade política: os estafados polas accións subordinadas e preferentes.

Aínda que a natureza da estafa é ben diferente o inimigo é común: a banca asasina, que nun caso engana para roubar os aforros e noutro engana con cláusulas abusivas á xente que quiso acceder a unha vivienda como garante o artigo da Constitución Española. Mención aparte merece tamén a clase política, indiferente e pasiva ante ambas estafas, que ignora miserablemente aos estafados e afectados e sigue desviando cartos públicos (recurtados en servizos básicos como sanidade e educación) ás entidades bancarias para que poidan seguir especulando e lucrándose sen concesións de ningún tipo.
A loita da PAH e dos preferentistas é común: combater unha estafa evidente para toda a cidadanía, pelexar polos nosos dereitos como persoas, como consumidores e como cidadáns, pedir solucións aos representantes que siguen alleos ao noso drama e acompañarnos solidariamente no camiño da reivindicación ante unha inxustiza intolerable . Tamén é común a ambas causas o espírito de xustiza social que as inspira así como o ánimo combativo que guían os nosos pasos. A nosa loita é de longo percorrido, pois non cesará ata que os nosos cartos sexan devoltos integramente e ata que a vivenda sexa un dereito real e non un artigo incumprido dunha constitución violada polos poderes públicos que dela emanan.

A Asemblea da PAH confía en tender pontes de entendemento e cooperación coa Plataforma de afectados polas Preferentes e Subordinadas de Vigo e Val Miñor, pois a forza e a unión son imprescindibles para deter esta estafa, o engano e o desamparo que padecemos. Ante tan inhumana inxustiza o apoio é vital, a unión decisiva e a loita común de capital importancia.

PAH VIGOTUI

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s