Non é nosa ILP. #EsiximosNosaILP

1333265702_0

O PP  AFUNDE  A  ILP

Non é a nosa ILP. Non no noso nome.

O PP AFUNDE  Á ILP

Coñecida a posición do Partido Popular no relatorio de impulsar en solitario o seu proxecto de lei, as entidades promotoras da ILP decidiron retirala porque non recolle o contido do texto presentado no congreso.

As entidades promotoras da Iniciativa Legislativa Popular (ILP) pola dación en pago retroactiva, a paralización dos desahucios e o aluguer social denuncian a vontade do Partido Popular de aproveitar a tramitación parlamentaria da ILP para desvirtuar as propostas desta iniciativa cidadá.

A proposta de ?medidas urxentes para reforzar a protección aos deudores hipotecarios, reestructuración de débeda e aluguer social? descoñece as lexítimas pretensións da ILP: dación en pago retroactiva; paralización dos desahucios que afecten a vivendas habituais de deudores hipotecarios e a posibilidade de que as persoas afectadas poidan permanecer nas súas vivendas en réxime de aluguer social.

A proposta do PP supón unha burla aos intereses das persoas afectadas por procesos de ejecución hipotecaria e á sociedade no seu conxunto. Unha vez máis, a efectividad do dereito a unha vivenda digna consagrado na Constitución española e en numerosos tratados internacionais de dereitos humanos ratificados polo Estado español, queda supeditado aos intereses das entidades financeiras.

Pese á aceptación a trámite parlamentario da ILP, o PP, descoñecendo o masivo apoio social á proposta, elimina todo rastro da ILP pola dación en pago. Co seu proxecto de Lei, o PP non resolve o problema social da débeda hipotecaria (nin dos que xa foron desafiuzados nin dos que o serán no futuro). Miles de cidadáns continuarán perdendo a vivenda i continuasen endebedados coas entidades financeiras, perpetuándose a inxustiza da lexislación hipotecaria española.

Mentres que a ILP permitía liberar ás familias da condena financeira e facilitaba o seu acceso, en réxime de aluguer social, ás vivendas baleiras propiedade das entidades financeiras. Unhas medidas que permitían mitigar de xeito decisivo os efectos sociais máis dramáticos da crise económica actual. A reforma do PP seguirá condenando á pobreza e á exclusión social por centos de miles de persoas.

Por todo iso, as entidades promotoras da Iniciativa Legislativa Popular (ILP) pola dación en pago retroactiva, a paralización dos desahucios e o aluguer social, decidimos retirala e poñer en evidencia que o proxecto de lei do PP supón o rexeitamento á ILP que se presentou no Congreso.

O grupo promotor está formado por CCOO, UGT, Observatorio DESC, Taula do Terceiro Sector, Confavc e Plataforma de Afectados pola Hipoteca
      

       #EsixigimosNosaILP

                   o PP afunde á ILP

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s