Carta ós diputados do PP

7/03/2013

Ana PastorJulian,Telmo Martín Gonzalez,Paz Lago Martínez (PONTEVEDRA )
Juan de Dios Ruano Gómez, Marta González Vázquez, Trístana Maria Moraleja Gómez, Antonio Pérez Insua , Antonio Eiras Reí. (A CORUÑA )
Joaquín María García Díez ,Maria Iglesias Fontál y Jaime Olano Vela (LUGO )
Guillermo Collarte Rodríguez , Celso Delgado Arce , Belén Vazquez Blanco (OURENSE)

Invitámolo a asistir ás reunións das Plataformas de Afectados pola Hipoteca. Invitámolo a coñecer de primeira man e en directo a realidade á que nos vemos abocadas centos de miles de persoas neste país.

Vostede coñece dabondo que as execucións hipotecarias e os desafiuzamentos por impago de hipotecas son unha das caras máis dramáticas da crise en España, que xa levou por diante a máis de 400.000 familias. É unha realidade innegable para alguén que ostenta un cargo público.
Vostede sabe tamén que o marco legal que regula os impagos de hipotecas condena a familias insolventes á exclusión social e déixaas sen marxe para refacer as súas vidas nin horizonte algún de recuperación. Isto foi avalado extensamente por sentenzas xudiciais, Gobernos doutros países, a relatora de Nacións Unidas polo dereito á vivenda, a avogada do Tribunal de Xustiza da UE, Concellos, etc. A situación vólvese aínda máis incomprensible se se ten en conta que a dación en pagamento, o dereito a unha segunda oportunidade, está contemplada na nosa lexislación para as empresas, pero non para as persoas.
A súa Señoría é perfectamente consciente de que este drama foi ignorado de xeito reiterado polos gobernos de PSOE e PP e que nin o decreto de Boas Prácticas nin a moratoria de desafiuzamentos para casos de extrema vulnerabilidade serviron para resolver o problema.
E tamén sabe que a sociedade fixo súa de forma masiva e incontestable a única proposta que a día de hoxe ofrece solucións de mínimos a este drama: a ILP pola dación retroactiva, a paralización dos desafiuzamentos e o aluguer social.
Todo isto sábeo se vive neste país e coñece á xente do común, a xente normal que está sen traballo e con hipoteca. Ou que ten traballo, pero non gaña suficiente para pagar a hipoteca por ter que afrontar gastos máis importantes como comer ou abastecerse dos servizos básicos. Se non o sabe é porque vostede bota unha venda nos ollos cando sae á rúa ou ignora as novas na prensa sobre persoas desesperadas que tristemente nos deixaron porque xa non puideron máis, pensando que non había saída. Pero si que a hai, a que a Plataforma de Afectados pola Hipoteca puxo enriba da mesa.
Se todo esto non fose suficiente para decatarse, o pasado martes 5 de febreiro a voz da PAH chegou ao Congreso a través da súa voceira, Ada Colau, que compareceu na Comisión de Economía para falar sobre o proxecto de protección dos deudores hipotecarios. Ese día entregamos outra carta coa que solicitamos ao seu grupo parlamentario que se comprometa por escrito a defender as demandas que contén a ILP sen rebaixas nin concesións de ningún tipo. O silencio ou unha negativa do seu partido á misiva equivale a ignorar o sufrimento de miles de persoas e a vontade dunha incontestable maioría

Terminamos, Señoría:

A ILP tramitouse e vostedes teñen que presentar enmendas para posteriormemente votala no Congreso. Poden respectar as demandas de mínimos recollidas na ILP, ou amplialas. Tamén poden votar a favor de perpetuar os privilexios da banca. Pero votar a favor da ILP bríndalle unha nova oportunidade para acabar con este drama social, estar á beira do pobo e recuperar parte da lexitimidade perdida. Votar en contra ou rebaixala convérteo, aos ollos da maioría, en responsable directo do sufrimento e a dor de miles de familias deste país. Apelamos á súa conciencia persoal e á súa humanidade ante o sufrimento e a vida da xente. Baixe á rúa e escoite aos afectados. Ata que se vote a ILP vostede pode cambiar de opinión. Veña visitarnos. Se non pode, teremos que achegarnos nós

PAH VigoTUi
Stop Desafiuzamentos Lugo
Stop Desafiuzamentos-ALPA Vilagarcía
Stop Desahucios Coruña
Stop Desafiuzamentos Ourense
Stop Desafiuzamentos Compostela.
“FerrolTerra”
Stop Desafiuzamentos Barbanza
PAH Morrazo

Galicia

20130310-010326.jpg

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s