Vocabulario

VOCABULARIO
Iniciamos este monográfico cun vocabulario sobre o tema para que todos podamos entender algo do que estamos a falar.

HIPOTECAS: o préstamo con garantia hipotecaria. É un contrato polo que unha persoa ou entidade (o acredor, en xeral un Banco ou Caixa de Aforros, aínda que pode ser calquera persoa física ou xurídica), presta unha cantidade de diñeiro a outra persoa ou sociedade (o debedor). A hipoteca propiamente dita é a garantía que o que ten a débeda, ou outro por el, proporciona ao que presta o diñeiro (normalmente o Banco ou a Caixa). No caso da compra dun piso, pois é a propia vivenda. O inmoble non é propiedade do Banco polo feito de que concedese a hipoteca; en todo momento é propiedade de quen o comprou quen o pode vender ou alugalo ou mesmo volvelo a hipotecar, dentro de limítelos legais. Con frecuencia as entidades bancarias piden algunha persoa que avale a operación, en especial se quen pide o préstamo ten poucos ingresos ou solvencia.

DESAFIUZAMENTO: o dono dunha vivenda, de acordo co estabelecido na Lei 29/1994 de Arrendamentos Urbanos poderá interpor unha demanda de desafiuzamento para rescindir o contrato e esixir o desaloxo da vivenda en aluguer. Estes son os motivos polos que se pode interpor unha demanda de desafiuzamento:
Falta de pago da renda ou outras cantidades de cargo do arrendatario.
Falta de pago ou actualización da fianza.
Realquilar a vivenda alugada de forma non autorizada
Causar danos graves na vivenda ou facer obras non autorizadas cando é requisito necesario o consentimento do arrendador.
Realización na vivenda de actividades molestas, insalubres, nocivas, perigosas ou ilícitas.
A vivenda deixou de estar destinada de forma primordial a satisfacer as necesidades permanentes de vivenda do arrendatario.
Acaba o prazo do contrato.
Incumprimento das obrigacións que pon o contrato. Antes de presentar unha demanda de desafiuzamento tense que avisar ao ocupante ou inquilino para que desaloxe a vivenda. Tamén poden desafiuzar os Bancos ou as Caixas, cando non se cumpren os acordos tomados no contrato da Hipoteca.

DACIÓN EN PAGAMENTO: isto quere dicir que pagarías completamente a débeda que tes co Banco ou a Caixa (a débeda da hipoteca) quedándose o Banco con esa vivenda (que é a garantía que puxeras). Pídese esta medida porque coa Lei actual, se iso non se puxo claramente no contrato da Hipoteca, pois o Banco ou a Caixa ségueche cobrando a débeda aínda que che quedaches xa sen casa.

LANZAMENTO: en dereito denomínase Lanzamento ao acto concreto mediante o cal se desposúe a unha persoa da posesión material dun ben inmoble

EXECUCIÓN DUNHA HIPOTECA: o titular dunha hipoteca (a persoa ou familia que asina a hipoteca) pódese dirixir ao Xulgado competente e solicitar directamente a venda forzosa do piso que ten a hipoteca. Mediante o uso desta acción, o acredor hipotecario (que adoita ser un Banco ou Caixa) pode obter, de maneira inmediata, o valor da hipoteca. O medio de realización normal consiste na celebración dun acto público para a venda forzosa, con publicidade e libre concorrencia, que se denomina poxa.

MORATORIA: adiamento do pago dunha débeda.

RETROACTIVO: que se aplica non só de aquí en diante senón a todos os afectados anteriormente.

PRAXIS BANCARIA: a práctica habitual dos Bancos, o seu modo normal de facer as cousas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s