Mes: diciembre 2012

ASEMBLEA ABERTA PARA PERSOAS AFECTADAS E COLABORADORAS

Mañá sábado á tarde no Centro Cívico de Teis teremos unha Asemblea aberta a todas as persoas afectadas e a calesquera outras que queiran asistir para informarse, colaborar ou solicitar axuda.

HORA: 18 h

LUGAR: Centro Cívico de Teis (Camiño Maceiras s/n)

 
Todos seredes ben recibidos.
Un saúdo da PAH.

IMPORTANTE: se algún xornalista gráfico acudise a cubrir o evento, antes de sacar algunha foto que fale cun membro da PAH.

Marca de desafiuzamentos en 2012: un 15,9% máis que o ano pasado

STOP-DESAFIUZAMENTOSA medición, de xaneiro a setembro de 2012, arroxa 49.702 procedementos máis que no mesmo período de 2011

Esta estadísitca inclúe os desaloxos de locais ou leiras, ademais dos desafiuzamentos de primeira vivenda

Os procedementos de desaloxo de vivendas, locais ou leiras, chamados popularmente desafiuzamentos, presentados nos xulgados até setembro ascenderon a 49.702, a marca desde que se difunden estes datos e un 15,9 % máis que os rexistrados no mesmo período de 2011.

No que vai de 2012, xa se superou a cifra de desaloxos de todo o exercicio 2010, cando se contabilizaron 47.809, segundo a estatística sobre o efecto da crise nos órganos xudiciais que elabora o CGPJ.

O número de desaloxos presentados no terceiro trimestre aumentou tamén unha 15,9 % fronte ao mesmo período de 2011, aínda que caeu respecto do tres meses precedentes, ao pasar de 18.668 a 12.610.

Seguir lendo: http://www.eldiario.es/economia/juzgados-tramitan-desahucios-septiembre-ciento_0_83991696.html

A PAH PRECISA DA TÚA AXUDA

A PAH ofrece todos os seus recursos gratuítamente. Non temos subvencións, ni cotas… Os gastos (panfletos, pegatinas…) pagámolos dos nosos bolsos e de doazóns. Para poder continuar axudando ás persoas precisamos da túa solidariedade.  Se queres colaborar e non tes tempo ou dispoñibilidade, podes participar facendo unha microdoazón a través de Pay Pal.

Xuntos podemos!

As chaves do negocio hipotecario

‘Venda dun piso en Barakaldo. Inmoble de segunda man’. Foi o texto co que LaCaixa anunciou a dispoñibilidade da vivenda de Amaia Egaña o mesmo día en que a débeda hipotecaria contraída con esta entidade obrigaba a muller ao suicidio. Os bancos rescatados con cartos públicos botan a xente das súas casas mentres o Goberno español redacta códigos de boas prácticas que fagan calar a contestación social. Desafiuzar tamén dá ganancias.

HIPOTECAS: UN CARAMELO NO NEGOCIO DE EMPRESTAR CARTOS

Artigo completo:

http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/as-chaves-do-negocio-hipotecario/20121222100730008871.html

Vocabulario

VOCABULARIO
Iniciamos este monográfico cun vocabulario sobre o tema para que todos podamos entender algo do que estamos a falar.

HIPOTECAS: o préstamo con garantia hipotecaria. É un contrato polo que unha persoa ou entidade (o acredor, en xeral un Banco ou Caixa de Aforros, aínda que pode ser calquera persoa física ou xurídica), presta unha cantidade de diñeiro a outra persoa ou sociedade (o debedor). A hipoteca propiamente dita é a garantía que o que ten a débeda, ou outro por el, proporciona ao que presta o diñeiro (normalmente o Banco ou a Caixa). No caso da compra dun piso, pois é a propia vivenda. O inmoble non é propiedade do Banco polo feito de que concedese a hipoteca; en todo momento é propiedade de quen o comprou quen o pode vender ou alugalo ou mesmo volvelo a hipotecar, dentro de limítelos legais. Con frecuencia as entidades bancarias piden algunha persoa que avale a operación, en especial se quen pide o préstamo ten poucos ingresos ou solvencia.

DESAFIUZAMENTO: o dono dunha vivenda, de acordo co estabelecido na Lei 29/1994 de Arrendamentos Urbanos poderá interpor unha demanda de desafiuzamento para rescindir o contrato e esixir o desaloxo da vivenda en aluguer. Estes son os motivos polos que se pode interpor unha demanda de desafiuzamento:
Falta de pago da renda ou outras cantidades de cargo do arrendatario.
Falta de pago ou actualización da fianza.
Realquilar a vivenda alugada de forma non autorizada
Causar danos graves na vivenda ou facer obras non autorizadas cando é requisito necesario o consentimento do arrendador.
Realización na vivenda de actividades molestas, insalubres, nocivas, perigosas ou ilícitas.
A vivenda deixou de estar destinada de forma primordial a satisfacer as necesidades permanentes de vivenda do arrendatario.
Acaba o prazo do contrato.
Incumprimento das obrigacións que pon o contrato. Antes de presentar unha demanda de desafiuzamento tense que avisar ao ocupante ou inquilino para que desaloxe a vivenda. Tamén poden desafiuzar os Bancos ou as Caixas, cando non se cumpren os acordos tomados no contrato da Hipoteca.

DACIÓN EN PAGAMENTO: isto quere dicir que pagarías completamente a débeda que tes co Banco ou a Caixa (a débeda da hipoteca) quedándose o Banco con esa vivenda (que é a garantía que puxeras). Pídese esta medida porque coa Lei actual, se iso non se puxo claramente no contrato da Hipoteca, pois o Banco ou a Caixa ségueche cobrando a débeda aínda que che quedaches xa sen casa.

LANZAMENTO: en dereito denomínase Lanzamento ao acto concreto mediante o cal se desposúe a unha persoa da posesión material dun ben inmoble

EXECUCIÓN DUNHA HIPOTECA: o titular dunha hipoteca (a persoa ou familia que asina a hipoteca) pódese dirixir ao Xulgado competente e solicitar directamente a venda forzosa do piso que ten a hipoteca. Mediante o uso desta acción, o acredor hipotecario (que adoita ser un Banco ou Caixa) pode obter, de maneira inmediata, o valor da hipoteca. O medio de realización normal consiste na celebración dun acto público para a venda forzosa, con publicidade e libre concorrencia, que se denomina poxa.

MORATORIA: adiamento do pago dunha débeda.

RETROACTIVO: que se aplica non só de aquí en diante senón a todos os afectados anteriormente.

PRAXIS BANCARIA: a práctica habitual dos Bancos, o seu modo normal de facer as cousas.

Un xuíz decreta a suspensión dun desafiuzamento até a decisión definitiva do TXUE sobre a Lei hipotecaria española

O titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Azpeitia (Gipuzkoa) decretou a suspensión dun desafiuzamento dunha familia da súa vivenda ata que se estableza unha nova regulación hipotecaria en España e haxa unha decisión definitiva do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) sobre a Lei española.

Novo suicidio en Málaga tras recibir a orde de desafiuzamento

“A vítima, que se tirou polo balcón, estaba en paro e vivía coa súa nai de 92 anos”

Isto é un crime, aínda que non estea tipificado no Código Penal. Unha vez máis, unha persoa desafiuzada da súa vivenda acaba coa súa vida.
Que lle pode pasar a unha persoa para pensar que a unica saída é acabar con todo. Que xa non hai esperanza? Hoxe tamén nos decatamos de que a actuación dos servizos sociais alertados pola PAH de Barcelona evitou outro suicidio.
O suicidio de hoxe e os suicidios de días atrás. Indican que que hai persoas sen mais esperanza que a da súa morte. Indican que os poderosos, os que teñen a capacidade de decidir e o Goberno do PP están dispostos a acabar coas nosas vidas. Están dispostos a terminar co mundo que coñecemos nas últimas décadas: o estado do benestar. Non é unha crise só, é un movemento calculado para acabar cos servizos sociais, o sistema sanitario, educativo, pensións…  Non é certo que as reformas non produzan sangue, prodúceno e non lles importa.

A única forma de reverter este proceso é unha gran alianza entre as clases medias e os máis pobres para organizar unha rebelión. A rebelión, unha chamada á desobediencia civil.
O primeiro paso é universalizar a resposta ás agresións a cada grupo. Non fragmentar as respostas de funcionarios, médicos, pensionistas, despedidos, desempregados, discapacitados, senón afrontar cada recorte como unha agresión ao colectivo e dar unha resposta de todos.
As organizacións sociais, os partidos politicos de esquerda teñen unha gran responsabilidade. Só unha ampla unidade pode acabar con esta ditadura dos mercados e o seu goberno.

Non é un suicidio, é un xenocidio financeiro

A Audiencia de Valencia anula de oficio un xuro de demora abusivo do 18%

http://www.cincodias.com/articulo/mercados/audiencia-valencia-anula-oficio-interes-demora-abusivo/20121208cdscdsmer_1/

A Sección Séptima da Audiencia de Valencia anulou a cláusula dun préstamo hipotecario que fixaba os xuros de demora nun 18 por cento, declarándoa abusiva nunha actuación de oficio.

 

ATENCIÓN PERSOAS AFECTADAS E COLABORADORAS!!! ASEMBLEA ABERTA DA PAH DE VIGO O MÉRCORES 5 DE DECEMBRO

A PAH de Vigo convoca a primeira asemblea aberta a todas as persoas afectadas e a aquelas que queiran colaborar para loitar por unha vivenda digna. Queremos comunicar que cada vez son máis as persoas que se achegan á PAH para axudar a combater este lacerante sistema hipotecario que deixa ás familias en indefensión, pero aínda así non é suficiente. Cada día aparecen casos novos e precisamos de xente comprometida e responsable con ganas de traballar nisto. Acode!!!

Hora: 18h
Lugar: Centro Cívico de Teis (Camino Maceiras s/n)