A banca dita, o goberno redacta

Con máis de 400 mil execucións hipotecarias, 350 mil desafiuzamentos ás súas costas, #PPSOE chegou tarde e mal ao drama dos desafiuzamentos. Durante unha semana mareáronnos co anuncio de negociacións para paliar un dos problemas máis graves da sociedade española e que só saiu á luz grazas á denuncia das mobilizacións cidadás. #PPSOE non só chegan tarde e mal, senón que non foron capaces de chegar a un acordo.

Falando claro: eludiron establecer unha moratoria de desafiuzamentos eficaz, unha esixencia cidadá unánime. Nin sequera se adoptaron medidas como a que xa se executa na Francia, onde cada ano decretan moratoria invernal xeralizada dos desafiuzamentos. Talvez nin os tristemente falecidos entrarían nos criterios de Rajoy, Soraya Sáenz de Santamaría e De Guindos. Tampouco entrarían outros centenares de miles de familias: por exemplo unha parella con dous fillos menores de 4 e 6 anos cun subsidio por desemprego de 420 euros que ten data de desafiuzamento fixada mañá.

Ademáis, para agochar unha das claves, a retroactividade (que pasa coas 350 mil familias desafiuzadas?) anuncian a creación dun Fondo Social de vivendas de alugueiro que se nutriría das vivendas roubadas ás familias. Faise o anuncio, pero non se di nin cantas, nin como se crearía ese parque de vivenda social.

Todo o demáis? Os centenares de miles de afectados que non entran no decreto, as débedas impagables de todos os desafiuzados, etc. poden e deberán esperar á tramitación parlamentaria no Congreso como proxecto de lei.

Nin unha palabra sobre a ILP hipotecaria, que hoxe mesmo recibiu a validación da Oficina do Censo Electoral de 614.246 firmas presentadas ata a data. Nin unha palabra da PAH, nin un xesto para incluír aos afectados nas posibles solucións, nin caso as propostas que desde 2008 puxemos enriba da mesa: dación en pago reatroactiva, stopdesahucios e parque de vivenda de alugueiro social (suxeito a renda).

A PAH e a maioría da sociedade téñeno claro: todo era #PuroTeatro. A patronal da banca ditou o decreto a semana pasada e o Goberno redactou agora o que lle manda o seu amo. Unha vez máis, o Goberno é o brazo armado da banca, e o resante son danos colaterais da guerra do 1% contra o 99%. As présas por adxudicárense a exclusiva fannos novamente ver como os intereses de moitos son usados en beneficio duns poucos, sen cambiar a situación.

Pero tamén temos claro que se hoxe o Goberno tomou estas medidas é grazas á presión social, á loita sen tregua dos de abaixo, de organizacións como a PAH, o 15M e moitas outras.

A PAH continuará presionando e mobilizándose, tal e como fixo ata agora, pois é así como conseguiu paralizar máis de 500 desafiuzamentos fronte aos 400.000 impulsados polas leis inxustas de #PPSOE. Seguiremos esixindo que a moratoria se aplique a todas as famílias, sempre que a causa da falta de pagamento sexa sobrevida e sempre que se trate de vivenda habitual.

Non valen medidas publicitarias, nin pequenas modificacións que non aborden o problema de raiz. A PAH non aceptará rebaixas nin medidas trampa. As solucións que a PAH leva anos esixindo son claras:

Dación en pago reatroactiva!
Moratoria de desafiuzamentos inmediata!
Aluguer social xa!

 

Publicado pola PAH

2 comentarios sobre “A banca dita, o goberno redacta

  1. Hola yo Me encuentroen una situación compleja ya que no tengomedios suficientes para hacer frente a la hipoteca el sustentaddp principal en paro tres niños y una hipoteca que me sube el 2 por ciento anual cobrando por demora varas altísimap ?que hacer ? Es mi vivienda habitual ,y es insostenible necesito asesoramiento porque no podré pagar sí esto sigue así y tengo menores a cargo

    Me gusta

Replica a PAH Cancelar la respuesta